"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
PERSOEIRO
Profesora mercantil e socióloga. Publicou, en colaboración co seu marido, Justo de la Cueva Alonso, os traballos: Las familias de la provincia de Pontevedra (1974) e La comarca de la ría de Arosa. Sus familias (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. Na década de 1950 creou e presidiu o Partido Demócrata Cristiano (PDC). Presidiu o Senado con Allende (1971), pero abandonou o cargo para formar o Bloque de Dereitas que nun principio apoiou o goberno de Pinochet (1973-1990). Entre 1983-1984 pasou a dirixir a plataforma que esixía a convocatoria de eleccións e a redacción dunha nova constitución política. Nas eleccións do 1989 acadou a presidencia tras o triunfo da candidatura da fronte de Concertación Democrática, coalición de centro liderada polo PDC, que el encabezaba. Nas eleccións de 1993 cedeu a súa candidatura ao tamén democristián Eduardo Frei.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Cristovo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria do lugar de Az, no concello de Rodeiro, partido xudicial de Lalín. As súas armas levan, en campo de ouro, unha árbore de sinople; das pólas da árbore pendura por unha cadea unha caldeira de sable, sobre lapas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria da Coruña. As súas armas levan, en campo de azul, as douradas de aves. Este apelido pode aparecer tamén nos tratados de heráldica coa forma Azas.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo. Cultivou o género chico, e obtivo grandes éxitos con comedias como Basta de matemáticas (1874) e El señor cura (1890), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
de azaballar.
-
-
Pór sucia algunha cousa ou a alguén.
-
Impregnarse o corpo ou a roupa de suciedade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de azacotar.
-
-
Alimentar a alguén para matarlle a fame.
-
Proporcionar alimentos a un animal para cebalo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
azaballar.
-
-
Muller encargada de atender aos pasaxeiros en diferentes medios de transporte.
-
Empregada contratada ao efecto que proporciona información e axuda aos participantes en congresos e reunións.
-
Nos programas de televisión, secretaria ou auxiliar que axuda aos participantes.
-
Antigamente, camareira da Raíña que se encargaba dos seus vestidos e alfaias.
-
-
-
Cesto de vimbio plano con forma de bandexa.
-
Palabra comodín, que pode servir para nomear numerosos obxectos.
-
-
-
Planta herbácea vivaz, de 10 a 30 cm de altura, de bulbo grande, macizo e reticulado superiormente, de follas estreitas, de flores grandes, con seis tépalos violáceos e con tres estigmas longos e escarlatas, provistas na base dunha espata bivalva, e de froitos capsulares. Os seus estigmas desecados constitúen a especie de azafrán, moi apreciada como condimento e tamén como materia farmacéutica e colorante. Oriúndo do Próximo Oriente, xa era cultivado polos gregos.
-
Cor amarela alaranxada propia do azafrán.
-
Estigmas de cor vermella alaranxada que se extraen da rosa do azafrán e que son sometidas a un lixeiro torrado. As súas características peculiares e a imposibilidade de mecanizar a súa recolección e desfollado, así como o gran número de plantas (120.000) que se precisan para obter un quilo de azafrán seco, fan deste produto un dos condimentos máis caros, motivo polo que se substitúe con frecuencia por produtos colorantes. Deste xeito, este condimento só se emprega nas grandes cociñas para dar cor amarela, sabor e perfume a pratos que o requiren.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de azafranar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Plantación de azafrán.
-
-
Poñer da cor do azafrán.
-
Condimentar a comida facendo uso de azafrán.
-
Cociñar con pouco xeito.
-
-
-
Denomínase ocasionalmente así á punta do proxectil (seta, lanza curta, etc) que ten un ou máis escotes para impedir que volva atrás unha vez que penetrou no corpo contra o que foi lanzada. Adoitábase elaborar sobre óso, chegando a estar nalgunhas ocasións ornamentada. Son moi características as azagaias auriñacenses. As primeiras azagaias descubertas en territorio galego proceden do depósito arqueolóxico da cova da Valiña (Castroverde), clasificado no chateloperronense polos investigadores.
-
Lanza de tiro curto e de pouco peso; probablemente de orixe árabe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe de azagaia.
-
MUNICIPIOS
Municipio da comunidade autónoma de Navarra, situado na beira esquerda do Ebro, no límite con La Rioja (3.496 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, de xeito que as actividades industriais asentadas no municipio derivan dela, como por exemplo as alimentarias, e entre elas as fábricas de conservas vexetais.
VER O DETALLE DO TERMO