azafrán

azafrán

(< ár az-zafarān)

  1. s m [PLANTA]

    Planta herbácea vivaz, de 10 a 30 cm de altura, de bulbo grande, macizo e reticulado superiormente, de follas estreitas, de flores grandes, con seis tépalos violáceos e con tres estigmas longos e escarlatas, provistas na base dunha espata bivalva, e de froitos capsulares. Os seus estigmas desecados constitúen a especie de azafrán, moi apreciada como condimento e tamén como materia farmacéutica e colorante. Oriúndo do Próximo Oriente, xa era cultivado polos gregos.

    Confrontacións: tollemerendas.
  2. s m

    Cor amarela alaranxada propia do azafrán.

  3. s m [ALIM]

    Estigmas de cor vermella alaranxada que se extraen da rosa do azafrán e que son sometidas a un lixeiro torrado. As súas características peculiares e a imposibilidade de mecanizar a súa recolección e desfollado, así como o gran número de plantas (120.000) que se precisan para obter un quilo de azafrán seco, fan deste produto un dos condimentos máis caros, motivo polo que se substitúe con frecuencia por produtos colorantes. Deste xeito, este condimento só se emprega nas grandes cociñas para dar cor amarela, sabor e perfume a pratos que o requiren.

Palabras veciñas

azafallar | azafata | azafate | azafrán | azafranado -da | azafranal | azafranar