"Bia" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 440.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doenza parasitaria causada por nematodos do xénero Enterobius.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros da familia dos satíridos. Presentan unha cor escura e unhas ás con ocelos de cor vermella. Viven sobre as gramíneas. Habitan as montañas e os bosques de Europa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repugnancia ou temor enfermizo á actividade sexual.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coprofobia.
-
PERSOEIRO
Gran jupan de Serbia (1168?-1196), jupan de Raška (1159-1168) e fundador da dinastía Nemanjič. Coñecido como Estevo Nemanja, foi vasalo do Emperador Manuel I Comneno e trala súa morte ocupou Niš (1187) e anexionou Dalmacia, Montenegro, Herzegovina e a Serbia danubiana coa axuda de Venecia, Hungría e do emperador de Occidente. Liberou os serbios da tutela bizantina e ocupou o voivodato de Zéta (Montenegro). Fundador dos mosteiros de Djurdjevi Stupovi e Studenica en Raška e do mosteiro de Hilandar en Athos, abdicou en 1196 e retirouse co nome de Simeón ao mosteiro do monte Athos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran jupan de Serbia (1196?-1217) e primeiro rei de Serbia (1217-1227), fillo de Estevo I de Serbia. Coñecido como Estevo I Nemanjič, foi expulsado en 1200 de Serbia polo seu irmán Vukan, titular do voivodato de Zéta. Recuperou o trono en 1203 coa alianza bizantina, que posteriormente cambiou pola veneciana. O Papa Honorio III concedeulle o título de rei (1217) e fixo que fose coroado por un legado pontificio. En 1219 proclamou a independencia da Igrexa serbia polo que foi outra vez coroado rei de Serbia en 1221 polo seu irmán Sava. No fin da súa vida retirouse a un mosteiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Serbia (1243-1276), fillo de Estevo II de Serbia. Mantivo a paz cos países veciños, conseguiu a unidade da Igrexa e do Estado e conciliou as diversas relixións. Creou unha moeda serbia e desenvolveu a explotación das minas de prata, chumbo, cobre e ferro. Destronado polo seu fillo Estevo V Dragutin, retirouse co nome de Simón ao mosteiro de Sopoćani (Novi Pazar).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
o Grande (1308? - Diavoli 1355) Rei de Serbia (1331-1346), tsar de Serbia (1346-1355), fillo de Estevo VIII Uroš III Dečanski. Exiliado en Constantinopla na súa xuventude, buscou a creación dun imperio serbio-bizantino que detivera o avance turco. Aliado co emperador bizantino Xoán VI Cantacuceno desde 1341, conquistou Macedonia (1342-1345), Tesalia, Acarnania, Epiro e Etolia (1348), pero non conseguiu recuperar a Herzegovina dos bosnios. Despois de facerse coroar tsar dos Romanos, dos serbios, dos búlgaros e dos albaneses en Skopje, deu unha maior independencia á Igrexa ortodoxa serbia ao conceder a dignidade de patriarca ao bispo de Peć. Durante o seu reinado elaborouse o Dusanov Zakonik, primeiro código legal de Serbia.
-
PERSOEIRO
Rei de Serbia (1276-1282), fillo de Estevo IV Uroš I o Grande. Enfrontouse aos emperadores bizantinos aliado con Hungría e o rei de Sicilia, Carlos I de Anjou. Tras abdicar no seu irmán Estevo Ur ǒ s Milutin, retirouse aos territorios que lle cedeu o rei de Hungría, o NL de Bosnia, Srem, Macva e a cidade de Belgrado. Na fin dos seus días retirouse a un mosteiro co nome de Teoktist.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Serbia (1282-1321). Enfrontouse ao emperador bizantino aliado co seu sogro o duque de Neopatria e ocupou parte de Macedonia (1282-1285) e de Albania (1296). Mostrouse tolerante cos católicos e cos bogomilianos e favoreceu o desenvolvemento da cultura bizantina. Reiniciou a explotación das minas de ouro, prata, estaño e chumbo e desenvolveu o comercio de exportación de peles e trigo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Serbia (1321-1331), fillo ilexítimo de Estevo VI Uroš II Milutin. Obrigado polo seu pai a retirarse a un mosteiro, primeiro en Constantinopla e despois en Dioclea, conseguiu ser elixido rei dos serbios coa axuda do clero e dunha suposta curación milagrosa (1321). Estreitou as relacións con Occidente aínda que perdeu Zaclunia, o acceso de Serbia ao mar. Derrotados os búlgaros en Velbužd (1330), converteu a Serbia na primeira potencia balcánica e cedeulle Bulgaria á súa irmá Anna (1331). Destronado pola nobreza, morreu asasinado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Tsar de Serbia (1355-1371), fillo de Estevo IX Uroš IV Dušan e derradeiro monarca da dinastía Nemanjič. Tras ser vencido polos turcos (1371) á beira do Río Marica, o seu imperio desmembrouse en principados independentes e autónomos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político paraguaio. Xefe do Estado Mayor do exército paraguaio na Guerra de Chaco, viuse obrigado a exiliarse tralo golpe militar do coronel Ramón Franco (17.2.1936). Líder da delegación paraguaia na conferencia de paz de Bos Aires coa que finalizou a Guerra de Chaco (1938), foi elixido presidente da República o 4 de marzo de 1939 e inmediatamente xestionou a volta da oposición ao Parlamento e restableceu a liberdade de prensa. En febreiro de 1940 disolveu o Parlamento, asumiu todos os poderes ante a crecente presión dos militares, iniciou unha reforma agrícola moderada e elaborou unha nova constitución, ratificada polo pobo pouco antes da súa morte nun accidente de aviación.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e compilador grego. Escribiu sobre filosofía natural, lóxica, moral, política e arte. Conservánse só dúas das súas obras, fundamentais para o coñecemento das obras non conservadas doutros autores: Iοαννου Στοβαιου Aντολογιων (Antoloxía de Iohannes Estobeo) e Eκλογαι ϕ ισικαι και ετικαι (Églogas físicas e éticas).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás euforbiáceas.
-
Planta pertencente á familia das euforbiáceas.
-
Familia de árbores, arbustos e herbáceas, que engloba máis de 300 xéneros e 7.500 especies, as máis delas de distribución tropical, caracterizadas por presentar tubos laticíferos cun látex branco que na maior parte das especies é irritante, e noutras están cubertos de pelos estrelados e mestos. Son comúns nesta familia os mecanismos de adaptación a condicións de aridez -como presentar talos e follas suculentos ou metabolismos C4 e CAM-.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao organismo mariño que necesita que haxa unha elevada concentración de sal no medio no que habita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas ao que pertencen as leiteiriñas.
-
PERSOEIRO
Militar lacedemonio. Almirante da flota grega durante a Segunda Guerra Médica, trasladou a súa flota ao golfo de Salamina trala derrota das Termópilas. Trala caída de Atenas en mans persas, pensou en regresar ao Peloponeso, aínda que, aconsellado por Temístocles, esperou en Salamina o enfrontamento coa flota persa, do que saíu vitorioso.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego E ὐ σέβιος a través do latino Eusebius; derivado de ε ὐ σεβ ή ς (formado por ε ὖ ‘ben, bo’ e o verbo σέβω ‘venerar, honrar os deuses’), significaba ‘respectuoso cos maiores e cos deuses’. Presenta o hipocorístico Sebio e Sebiño. O feminino Eusebia deriva do substantivo abstracto grego ε ὐ σέβεια ‘veneración, respecto, piedade’, forma correspondente ao latín pietas; deste xeito, equivale ao nome latino Pío. Deste antropónimo procede o topónimo Osebe (en latín Villa Eusebii). Destacan con este nome o papa santo Eusebio (s IV), o mártir santo Eusebio de Roma (s III) e o bispo santo Eusebio de Vercelli (s IV). Entre as santas mártires, Eusebia de Bérgamo (s III) e Eusebia de Marseille (s VIII), abadesa dun convento próximo a esta cidade occitana. Santo Eusebio é titular...
-
PERSOEIRO
Escritor venezolano. A súa narrativa inclúese no realismo máxico. Das súas obras destacan Valle hondo (1934), A orillas del sueño (Premio Nacional de Literatura, 1960), La dolida infancia de Perucho González (1966) e La dura tierra (1969).
VER O DETALLE DO TERMO