"CAI" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 245.
-
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Obtivo medidas para determinar a paralaxe luar, mentres Lalande obtiña as medidas complementarias desde o observatorio de Berlín, e determinou a posición de 10.000 estrelas do ceo austral. Descubriu catorce novas constelacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Soldado que acompañaba a un cabaleiro á guerra.
-
Criado que acompañaba ao seu amo para prestarlle os seus servicios.
-
Persoa que adula en extremo e de forma servil a outra.
-
-
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Amigo de Escipión Africano, acompañouno a Hispania en 196 a C como pretor e seguiuno despois a Sicilia e a África. Foi procónsul de Sicilia (194 a C-193 a C), cónsul da Galia Cisalpina en 190 a C e procónsul ao ano seguinte.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina cun grupo amina que funde a 68-69°C, insoluble en auga e soluble en alcohol e éter. Emprégase en medicina como anestésico local e para o tratamento das arritmias ventriculares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Toledo? s IV - ?) Virxe e mártir. Negouse a abxurar das súas crenzas cristiás e sufriu persecución e martirio na época de Diocleciano. É unha das santas máis antigas no culto hispánico (s VII). Viste túnica e manto e leva como atributos unha cruz ou unhas cadeas nas mans. É patroa de Toledo e a súa festividade celébrase o 9 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do nome latino tardío Leocadia, que pode ser unha adaptación do grego Leukadia ‘a branca’, ‘a resplandecente’, derivado de λευκος ‘branco luminoso’. Presenta as variantes Lucaio/Lucaia e Leocadio/Leocadia (cultismo). Destaca con este nome santa Locaia (s IV). A súa festividade celébrase o 9 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante gráfica do antropónimo Locaio/Locaia.
-
PERSOEIRO
Poeta latino. Entre 134 e 133 a C participou na Guerra Numantina e formou parte do círculo helenizante dos Escipións. Escribiu trinta libros de Sátiras, aínda que só se conservan 1.300 versos. Creou o xénero da sátira e deulle a forma métrica e a linguaxe definitivas. Vigoroso na invectiva e no retrato, atacou a todos os homes do seu tempo e uniu á polémica político-moralista, a polémica filosófica e a literaria. Influíu na literatura latina posterior.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde á voz ‘fumar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete ou xerga dos afiadores que corresponde ás voces ‘cigarro’ e ‘tabaco’.
-
PERSOEIRO
Político. Tribuno (66 a C), foi acusado de concusión e logo de abandonar o cargo, sufriu un proceso de lesa maxestade e foi condenado en rebeldía. Foi o promotor da Lex Manilia de imperio Cn. Pompei, que abandonaba o principio da anualidade das maxistraturas.
VER O DETALLE DO TERMO -
LAGOS
Lago de Venezuela, situado na depresión entre a Sierra Nevada de Mérida, ao L, e a serra de Perijá, ao O (14.000 km2). Comunica co golfo de Venezuela a través dunha canle natural duns 50 km de lonxitude. É o lago máis grande de América do Sur, e conta con importantes xacementos de petróleo.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Zulia, Venezuela, situada á beira da canle que comunica o lago de Maracaibo co golfo de Venezuela (1.660.233 h [1997]). É o primeiro centro petrolífero de América latina e un importante exportador de café a través do seu porto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Princesa de Acaia (1373-1374), de Tarento (1373-1380) e emperatriz titular de Constantinopla (1373-1380), filla do príncipe Filipe II de Acaia (Filipe I de Tarento). Herdou, á morte do seu irmán Filipe III de Acaia, o título imperial e os principados de Tarento e de Acaia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Fillo dunha familia labrega, iniciou a carreira política como tribuno militar coa axuda dos Metelos. Cuestor e tribuno da plebe (119 a C), foi cónsul en 107 a C e reelixido entre o 104 e o 100 a C. Derrotou os teutóns en Aquae Sextiae (102 a C) e os cimbros en Campi Raudii (Batalla dos Campos Raudios, 101 a C). No transcurso destas campañas modificou substancialmente a estrutura do exército romano, que se profesionalizou, pero o seu intento de favorecer os seus veteranos levouno a perder as simpatías populares. Posteriormente enfrentouse con Lucio Cornelio Sula, que accedera ao consulado (88 a C), e cos conservadores nunha guerra civil, pero fracasou na súa loita e tivo que fuxir a África. Coa axuda de Cinna ocupou Roma (86 a C) e castigou duramente os seus adversarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cabaleiro romano. Foi un dos principais conselleiros de Augusto e fomentou o desenvolvemento cultural do seu contorno, apoiando economicamente os poetas Virxilio, Horacio e Propercio. Por este motivo o seu nome pasou a ser empregado para designar, de forma xeral, os promotores e protectores das artes e das letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Partido de masas francés fundado o 26 de novembro de 1944, formado por organizacións de tradición socialdemócrata e vinculado ao mundo católico. Obtivo un grande éxito electoral en 1945 e suspendeu oficialmente as súas actividades en 1968.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Camariñas, fundado en 1996 por iniciativa do concello e dedicado ao encaixe. Os obxectivos que persegue son promover o coñecemento e a difusión do encaixe de palillos, unha actividade tradicional no concello e na comarca de Terra de Soneira; a recuperación de pezas antigas e tradicionais e deseños característicos da zona; a potenciación do desenvolvemento e evolución do sector encaixeiro, así como servir de centro de investigación, documentación e consulta sobre o encaixe en Camariñas.
-
PERSOEIRO
Historiador da arte. Especialista en vidreiras españolas, desenvolveu a súa actividade investigadora arredor da arte medieval, renacentista e contemporánea, esta última a carón dos artistas do grupo El Paso. Entre 1984 e 1991 dirixiu a revista de arte Fragmentos. Da súa obra destacan Goya: vida y obra (1967), La vidriera del Renacimiento en España (1970), Impresionismo y Fauvismo (1972), Del Cubismo al surrealismo (1987), Historia del Arte (1994) e La vidriera española, ocho siglos de luz (1998, Premio Nacional de Historia, 1999). Membro do Consello Científico do Museo del Prado desde 1987, en 2002 foi elixido membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO