"Das" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 542.

    1. Relativo ou pertencente ao Dašnaksutiwm.

    2. Membro do Dašnaksutiwm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento independentista armenio. Fundado en 1890 en Tbilisi, adoptou un programa revolucionario inspirado no partido social revolucionario ruso, pero contrario ao socialismo do hinčak. Durante a Primeira Guerra Mundial loitou contra os turcos e os rusos na procura da independencia armenia. En 1918 constituíuse un efémero Estado que o Exército Vermello conquistou en 1920 para Rusia. Trala anexión os membros do movemento foron expulsados, aínda que conservaron no exilio a organización e os seus órganos de prensa. Desde 1991, unha vez que Armenia recuperou a independencia, foi de novo legalizado e retomou a súa actividade política no novo Estado. Nesta nova etapa modificou o seu nome polo de Hai Heghapokhakan Dašnaksutiwm (Federación Revolucionaria de Armenia). Despois dun período no que o goberno armenio prohibiu as actividades do partido, en 1998 legalizouse e apoiou o candidato vencedor nas eleccións presidenciais dese mesmo ano (o presidente Kotcharian); nas lexislativas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘bosque’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte e ciencia da xestión dos montes, especialmente para aumentar a súa produtividade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á dasocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina dasonómica que se ocupa da medida das árbores e das masas forestais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que trata da conservación e do aproveitamento dos bosques.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á dasonomía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que se ocupa da dirección das cortas dos montes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xulio Martínez Pérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos tiranosauros de ata 8,5 m e 3,6 toneladas de peso, mandíbulas curtas de dentes moi grandes e de bordo serrado, con garras moi grandes. Depredaba grandes dinosauros herbívoros, como os ceratopsios. Propios de finais do Cretáceo, os xacementos máis importantes están en Norteamérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta noruegués. Pastor protestante, escribiu poemas de cariz relixioso-popular para a educación do pobo e un catecismo protestante en verso. Así mesmo, publicou Nordlands Trompet (A trompeta de Nordland, 1739).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro aeronáutico. Interesado desde novo pola aviación, desenvolveu melloras nos avións franceses da Primeira Guerra Mundial. Desde 1945 construíu un holding industrial e financeiro moi diversificado, que tiña como núcleo a sociedade Avions Marcel Dassault, que realizou os modelos dos grandes cazas Mirage e Mystère.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director cinematográfico estadounidense. Comezou como realizador nos EE UU, pero en 1950, presionado polo maccarthismo, estableceuse en Europa. Deste xeito continuou a súa carreira con diferentes filmes, como Night and the City (1950); Du Rififi chez les hommes (1955), premiada no festival de Cannes; Phaedra (1962); Topkapi (1964) e Circle of Two (1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e directora de escena. Desenvolveu unha longa actividade no apartado do teatro para a infancia e a mocidade. En 1970 fundou a compañía La pomme verte, coa que realizou espectáculos como La chasse au Snark (A caza do Snark, 1971) ou La rêve du papillon (O soño da bolboreta, 1976). Desde entón mantivo unha intensa actividade como directora e en 1996 participou no corenta aniversario do Festival de Aviñón. No terreo da pedagoxía teatral, publicou diversos traballos, entre os que destaca o volume L’enfant, le théâtre, l’école (O neno, o teatro, a escola, 1975), escrito en colaboración con Yvette Jenger e Josette Voluzan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director teatral. Discípulo de Jacques Copeau, participou activamente no movemento de descentralización teatral que tivo lugar en Francia ao rematar a Segunda Guerra Mundial. En 1947 fundou en Saint-Étienne o segundo Centre Dramatique National co apoio do concello e do Estado, compañía coa que desenvolveu un programa de promoción teatral e de creación de públicos a partir da posta en escena de textos clásicos europeos e franceses, da exploración doutras tradicións teatrais, como a xaponesa, e da busca de novos autores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta occitano. Estudiou en Toulouse e foi capelán. Constitúe unha das maiores testemuñas da amplitude da renacenza occitana na Gascoña do s XVII. Da súa ampla produción destacan Lou beray e naturau gascou en las quate sasous de l’an (1636) e Lou trimfe de la lengouo gascouo am playdeiatz de las quouate sasous e deus quouate Elemens, daouant lou pastou de Loumaigne (1642).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de carunchos, da orde dos uredinais, que son parasitos dos bambús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de raias, da familia dos dasiátidos, caracterizadas por presentar as aletas pectorais xuntas por diante do fociño formando unha máscara, cos ollos e espiráculos dorsais, numerosos dentes dispostos en fileiras transversais e a pel lisa; carecen de aleta dorsal. Pertencen a este xénero as especies D. violacea, D. centroura e D. pastinaca, coñecidas popularmente como ferreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves australianas, da familia dos acantícidos, de 22 cm de lonxitude. De cor acastañada, presentan cola longa e levantada, e alas curtas coas que só practica voos curtos e eventuais. Aliméntase no chan de sementes e insectos. Fabrican un niño redondo cunha entrada lateral. A especie D. brachypterus vive na franxa costeira do sueste de Australia. A finais do s XX estaban en grave risco de extinción debido aos cambios no seu hábitat provocados polo home.

    VER O DETALLE DO TERMO