Daspletosaurus

Daspletosaurus
[PALEONT]

Xénero de dinosauros da familia dos tiranosauros de ata 8,5 m e 3,6 toneladas de peso, mandíbulas curtas de dentes moi grandes e de bordo serrado, con garras moi grandes. Depredaba grandes dinosauros herbívoros, como os ceratopsios. Propios de finais do Cretáceo, os xacementos máis importantes están en Norteamérica.

Palabras veciñas

dasonómico -ca | dasotomía | Daspastoras | Daspletosaurus | Dass, Petter | Dassault, Marcel | Dassin, Jules