"EGU" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 415.
-
-
Persoa que interpreta as leis ao pé da letra.
-
Persoa que exerce ou aplica a lei sen rigor e sen coñecemento.
-
-
-
Froito deshicente e monocarpelar, característico das fabáceas, que se desenvolve no interior dunha vaíña e abre pola sutura ventral e polo nervio medio do carpelo. Distínguense as legumes secas, que son as raíces das fabáceas que, como os garavanzos, as fabas, os chícharos, as soias e as lentellas, se poden conservar dunha estación a outra. Os legumes verdes consómense frescos, e xeralmente con vaíña, como os feixóns tenros, as fabas tenras, e algunhas clases de chícharos. O papel económico dos legumes deriva da súa considerable importancia dentro da nutrición humana nos países deficitarios de carne, pois conteñen proteínas vexetais que substitúen parcialmente as de orixe animal. Algúns legumes empréganse tamén como forraxe para o gando. Cómpre destacar no consumo a tendencia á substitución, sobre todo en EEUU e en Europa, de legumes ricos en féculas por outros máis pobres pero con máis contido vitamínico.
-
Planta que dá estes froitos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Albúmina vexetal que se extrae das sementes das fabáceas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: fabáceo.
-
PERSOEIRO
Monxa que aparece como autora do Codex regularum de El Escorial (s X), escrito, segundo o mesmo manuscrito, no mosteiro de Bobatella, que para J. M. Eguren sería o de Samos. Para A. Cotarelo Valledor o mosteiro sería o de Bobadilla, polo que esta monxa sería a filla de Ordoño I, irmá de Afonso III o Magno. M. C. Díaz y Díaz rexeita a posibilidade de que o mosteiro sexa o de Samos, e discute a identificación de Leodegundia coa irmá de Afonso III, ao datar o manuscrito entre 963 e 969, no reinado de Afonso IV.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor de debuxo. Foi fundador do primeiro Museo Etnográfico Olimpio Liste de Oseira, e presidente da Fundación Liste de Vigo. Membro da Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Pontevedra, da Comisión Asesora de Antropoloxía do Museo de Pontevedra e do Consello Galego de Museos, recibiu o premio Teucro de prata de Pontevedra (1978), o Premio Ciudad de Pontevedra (1980), a Pedra do Destino da Coruña (1994) e o Premio La Voz de cultura concedido por La Voz de Galicia (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Guionista e locutor radiofónico. Ademais de colaborar en diversas publicacións periódicas, foi coordinador e editor do fanzine Valiundiez (1984-1986) e da revista Das Capital (1989-1990). A súa obra Cartografía (1994) foi finalista do premio Esquío.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Arcebispo (1772) e cardeal (1789) de Toledo, foi tamén arcebispo de México (1766). En Toledo, fomentou os estudios históricos e litúrxicos e traballou para a conservación do rito mozárabe, do que editou o Breviario. Renunciou ao arcebispado da cidade para quedar en Roma, despois de organizar o cónclave para a elección de Pío VII. Publicou o SS. PP. Toletanorum quotquot exstant opera (en tres volumes, 1782-1783).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Ingresou no Colexio de Artillería en 1799 e participou na Guerra de Indepedencia. Pola súa ideloloxía liberal foi nomeado xefe político interino de Galicia e presidente da Deputación galega (1822). Director da Fábrica de Armas de Trubia e de Sargadelos, en 1828 acadou o grao de tenente coronel e foi profesor da Academia de Artillería, director da Mestranza da Coruña (1833) e gobernador da Coruña (1834). Representou a Galicia no parlamento nas lexislaturas 1837-1838 e 1840-1841. Ascendeu a brigadier en 1842 e chegou a mariscal de campo en 1848.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor e político. Formouse na Universidad de Deusto e, ao graduarse (1906), regresou a Galicia, onde exerceu como profesor axudante de Armando Cotarelo Valledor na Universidade de Santiago de Compostela. Simultaneou a actividade académica cos estudios de dereito e coas primeiras incursións en política, na Estrada. Entrou en contacto co rexionalismo galego influído polos discursos de Salvador Cabeza de León, pero o seu contorno familiar, de ideoloxía carlista e tradicionalista, marcou profundamente a súa traxectoria dentro da política nacionalista galega. Os tres grandes piares que constituíron o seu pensamento foron o agrarismo, o galeguismo e o catolicismo. En 1911 trasladouse a Madrid e gañou as oposicións a cátedras de Instituto. Foi destinado a Toledo, e en 1914 permutou a praza e trasladouse a Ourense para exercer a cátedra en Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos. Nesa cidade comezou a súa participación máis activa en movementos de carácter agrarista e católico, e tamén na súa...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Certame literario organizado anualmente polo Concello do Carballiño desde 1986. Está dividido en dúas modalidades, Investigación e Creación Literaria. Entre outros recibiron o galadón Marina Mayoral, Xosé Luís Méndez Ferrín, Fran Alonso, Xabier Quiroga e Domingo Docampo.
-
GALICIA
Farmacéutico. Profesor nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid, ingresou no corpo de Farmacia Militar (1909). Publicou libros sobre fisioloxía, bioquímica e farmacia, dos que destaca La leche en higiene y medicina (1916). Interesouse por temas de historia e arte, e escribiu El apóstol Santiago y el arte jacobeo (1957). Foi membro da Real Academia de Farmacia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor arxentino. Dirixiu en Bos Aires un coro galego co que gravou varias cancións galegas. Estreáronse en Santiago de Compostela (1964) sete números da súa Cantata escénica de Macías o Namorado, en que colaboraron Otero Pedrayo, Cabanillas e Antonio Lorenzo. Realizou as cancións Longa noite de pedra e Tempo de chorar de Celso E. Ferreiro e Sin niño e Arredor de min de Rosalía de Castro, e musicou os seis poemas galegos de Federico García Lorca (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xornalista. En 1918 interveu na creación do Partido Obrero Campesino, do que foi secretario xeral. De 1919 a 1923 viaxou por Europa e, ao volver ao seu país, fundou o Partido Comunista Peruano. Considérase un dos ideólogos marxistas máis influíntes do s XX.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina. Coñecida como Rosita Mauri, foi primeira bailarina do Liceu de Barcelona (1873-1877). Converteuse na estrela da Opéra de París e protagonizou os ballets Polyeute, de Gounod (1878); La Korrigane, de Widor (1880); e Les deux pigeons, de Messager (1886).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arbusto tropical do que se obtén unhas sementes aromáticas e picantes que se empregan na fabricación de licores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Uadi do NO de Tunisia que nace en Alxeria, e tras un percorrido de 145 km desauga no río Medjerda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de tempo que equivale a unha millonésima parte dun segundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medida de tempo que equivale á milésima parte do segundo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Federación de grupos xuvenís autónomos dentro do Partido Galeguista (PG), creada en marzo de 1934, que tiña entre os seus obxectivos a galeguización da universidade e a autodeterminación de Galicia. En xuño de 1934 celebrouse a I Asemblea da Federación de Mocedades Galeguistas, da que saíron elixidos como secretario xeral Francisco Fernández del Riego, como secretario de organización Xaime Isla Couto, X. L. Fontenla de secretario técnico, e Xohán Luís Ramos Pérez-Colemán de secretario de propaganda. A partir da II Asemblea, celebrada en 1935 e na que foi elixido secretario xeral Xosé Velo Mosquera, as súas posturas radicalizáronse. Na III Asemblea, celebrada en Ourense en maio de 1936, triunfou o grupo nacionalista radical e acordouse a modificación dos estatutos e do seu nome polo de Federación de Mocedades Nacionalistas. Despois da asemblea en xuño de 1936 confirmouse a separación do PG. A Guerra Civil supuxo a súa fin.