"IBE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 465.

  • Compilación anónima de biografías de papas, desde san Pedro ata Martiño V (1431), que está redactada en etapas sucesivas. A forma máis antiga data de comezos do s VI e o conxunto vai precedido dunha carta apócrifa do Papa Dámaso a san Xerome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilación literaria en honor do Apóstolo Santiago, de mediados do XII e conservada no arquivo da catedral de Santiago de Compostela. Planeada quizais polo arcebispo compostelán Diego Xelmírez, coñécese habitualmente co nome de Codex Calixtinus ou Códice Calixtino, pola suposta autoría do Papa Calisto II. Composta por pezas de numerosos autores, case todas do s XII, das que se fai unha profunda revisión co gallo de lle dar unha aparencia unitaria, divídese en cinco libros: I) colección de sermóns destinada ás grandes solemnidades relacionadas co Apóstolo en Santiago de Compostela, seguida de composicións de gran riqueza literaria e provistas de notación musical; II) libro de milagres, con 22 textos que se refiren a acontecementos ocorridos entre 1050 e 1110 (agás un de 1139); III) textos que aluden ao traslado de Santiago e ás súas festas; IV) historia da expedición de Carlomagno á Hispania e morte dos heroes francos; esta parte, que é a de maior valor literario, atribúese...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode liberar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de liberar ou de liberarse.

    2. Interpretación teolóxica cristiá da salvación ou da liberación que recorre a teorías sociais, políticas e económicas na súa metodoloxía. O concepto foi empregado por primeira vez en América Latina a finais da década de 1960 por Rubén Alves, Gustavo Gutiérrez, Hugo Assmann, Leonardo Boff e outros teólogos católicos e protestantes preocupados pola pobreza estrutural (xurdiu concretamente da II Conferencia General del Consejo Episcopal Latinoamericano, celebrado en Medellín en 1968). Baséase en sistemas teóricos de dependencia e nunha análise e crítica marxista ao papel da relixión na sociedade, así como en varios temas bíblicos fundamentais. Procura un proxecto social que ten como obxectivo transformar a sociedade de xeito que se superen as condicións de pobreza, opresión e violencia, entendendo a Igrexa como unha comunidade ao servizo do pobo, e a súa xerarquía e organización só é lexítima en tanto que preste este servicio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de liberar ou liberarse.

    2. Que está libre ou sen ningún tipo de compromiso.

    3. Aplícase ao membro dunha organización, especialmente política ou sindical, que traballa en exclusiva para ela, polo que percibe un salario polas súas funcións.

    4. Aplícase ás accións entregadas sen contraprestación monetaria, porque o seu valor foi cuberto por outros bens ou servicios prestados con anterioridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante gráfica do antropónimo Liberato/Liberata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen libera.

    2. Mecanismo accionado por unha panca que deixa libre o carro dunha máquina de escribir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que demostra xenerosidade e desprendemento.

    2. Que é tolerante coas ideas e costumes dos demais e ás súas accións.

    3. Aplícase á persoa que é libre na súa forma de pensar e de actuar e aos seus actos.

      1. Relativo ou pertencente ao liberalismo ou ao Partido Liberal.

      2. Partidario ou seguidor do liberalismo, ou do Partido Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político británico defensor por excelencia das teorías políticas e socio-económicas que predominaron durante a segunda metade do s XIX. Herdeiro dos whigs e da tradición radical, acadaron o seu máximo prestixio durante os gobernos reformistas de Gladstone (1868-1874, 1880-1885, 1886 e 1892-1894). A principios do s XX comezou a mostrar contradicións, e dividiuse nunha á dereita librecambista e nunha á esquerda socializante. A Primeira Guerra Mundial provocou unha división no partido entre A. Asquith e Lloyd George, feito que orixinou a súa derrota e permitiu que o Labour Party se convertese no segundo partido do Parlamento británico, mentres o Liberal Party pasou ao terceiro posto. Cunha escasa definición ideolóxica e sen un líder carismático, en 1981 estableceu unha alianza electoral co Social Democratic Party, que xurdira ese mesmo ano como unha escisión do laborismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario fundado en 1879 en Madrid polos ex-redactores de El Imparcial, que desapareceu en 1936. Voceiro dos liberais durante a Restauración, tivo redaccións autónomas en Barcelona, Sevilla e Bilbao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista italiano. Realizou as miniaturas do convento de Monteoliveto Maggiore (1467-1469) e da catedral de Siena (1470-1474), así como a decoración da capela Bonaversi en Sant’Anastasia, Verona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festas que se celebraban na antiga Roma o 17 de maio, en honor do deus Liber, divindade itálica da fertilidade e do viño que se identifica co deus Baco. Durante estas festividades os mozos vestían a toga viril.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de liberal.

    2. Acto ou feito propio dunha persoa liberal.

    3. Disposición de bens a favor dunha persoa sen ningunha contraprestación desta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de liberal.

    2. Doutrina e sistema que defende a liberdade política e económica e parte do recoñecemento da liberdade como un dereito para todos os homes. O seu sentido preciso cambia segundo o terreo específico ao que se refira (político, económico, relixioso) e modificouse considerablemente ao longo do tempo. Nas últimas etapas do Antigo Réxime considéranse liberais as correntes ideolóxicas da Ilustración e a actuación daqueles grupos políticos que loitaron contra a monarquía absoluta e os privilexios feudais. Neste estadio o liberalismo expresou as necesidades obxectivas de amplos sectores da sociedade e presentouse como un programa de loita común, aínda que baixo o control e a dirección da burguesía. Unha vez que acadaron os obxectivos inmediatos e despois da instalación da burguesía no poder, transformouse nunha fórmula que xustificou a conservación da nova orde establecida e que combateu as reivindicacións daqueles grupos sociais que consideraban insuficientes as liberdades conseguidas. O liberalismo...

    3. Doutrina e sistema económico que se basean na convicción de que a liberdade de todos os comportamentos individuais garanten, en virtude dunhas leis naturais inmutables da economía, unha produción óptima co mínimo custo posible. Consideraban que o afán de ganancia e o espírito de competencia individual concordaban cos intereses xerais e necesarios para o bo funcionamento da vida económica, e opoñíanse ao control da economía por parte do estado, que debía limitarse a asegurar a liberdade de contratación e o cumprimento da lei, sobre todo no que respecta á propiedade privada, e favorecer o libre xogo dos mecanismos do mercado. Os primeiros en expoñer teoricamente esta doutrina foron os fisiócratas, pero foi Adam Smith quen profundizou no principio da liberdade económica. A mediados do s XIX, o liberalismo económico adoptou unha forma extrema coa oposición á regulación do traballo nas fábricas. Os utilitaristas ingleses déronlle unha nova base económica ao liberalismo ao expoñer a noción do...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de liberalizar.

    2. Desregulación das transferencias internacionais de capitais feita por un estado ou por varios, como a UE ou a OCDE, e que tende a liberalizalas. Afecta aos controis de cambios, aos pagamentos e cobros, aos valores e ás contas bancarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Facer que alguén recobre a liberdade.

      2. Devolver a liberdade a un territorio que estaba ocupado ou sometido.

      3. Facer que algo ou alguén quede libre dunha carga ou obriga.

      4. Quedar alguén libre de algo que o limita ou coarta.

      1. Levantar as cargas que pesan sobre unha cousa.

      2. Eximir a alguén do cumprimento dunha obriga.

    1. Emitir enerxía un sistema a costa de diminuír a súa enerxía total.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Santa italiana, irmá de santa Faustina. Para fuxir dos matrimonios impostos pola súa familia fóronse co sacerdote Marcelo, atravesaron o río Po nunha barca e chegaron a Como, onde entraron nun convento. A súa festividade celébrase o 18 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Virxe e mártir de orixe galega, filla de Lucio Castelio Severo, gobernador romano de Gallaecia, Lusitania e Calsia. Conta a lenda que para fuxir do pretendente que o pai lle asignara pregoulle a Deus que lle fixera medrar a barba, motivo polo que o pai a crucificou. A tradición galega converteuna nunha das oito irmás xemelgas de santa Eufemia e invócase como protectora dos partos. Na iconografía represéntase cravada nunha cruz, moza e fermosa, con barba ou sen ela, e aos seus pés pode haber un trobador. A súa festividade celébrase o 20 de xullo por ser a data en que se trasladaron as súas reliquias desde Sigüenza a Baiona (1515), vila da que é patroa. Na capela de santa Liberata atópase a súa imaxe nun nicho flanqueado polo escudo do antigo Reino de Galicia e o de Baiona. Na tradición oral recóllense ditos como: “Hei de ir ao señor san Cosme, / hei de ir e vir por Baiona, / ver á santa Liberata / na súa capilla nova”, “Os canteiros vanse, vanse, / para santa Liberata; / levan os petos ben...

    VER O DETALLE DO TERMO