"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Regra monástica fixada por San Basilio o Grande durante o tempo que permaneceu xunto con numerosos discípulos preto de Neocesarea. A ascética basiliana está influída polo dualismo platónico. As principais regras refírense á vida en común, ao silencio e á temperanza. A acción apostólica dos monxes proxéctase cara á beneficiencia e ao ensino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego Basileios (βασίλειος) ‘rexio’, adxectivo de Basileus (βασιλεύς) ‘rei’. Entre os santos que levan este nome, cómpre salientar a san Basilio o Grande (328-370), bispo de Cesarea, sucesor de Atanasio, que se enfrontou ao Arianismo e san Basilio o Benaventurado, a quen lle está dedicada a gran Igrexa da Praza Vermella de Moscova, construída por Iván o Terrible. Tamén se atesta, segundo a tradición, unha santa Basilia de orixe galaica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mártir cristiá de Roma, da época de Nerón, executada xunto con Anastasia. Unhas tradicións fannas naturais de Xátiva e bautizadas polo Apóstolo Paulo, a quen seguiron a Roma. A ermida das Santas da Albacara de Xátiva está dedicada a elas. A Igrexa Católica celebra a súa festividade o 15 de abril.
-
-
Réptil fabuloso ao que se atribuía a propiedade de matar coa mirada, representado como un ser especialmente temible, con ollos e boca ardentes, corpo de serpe, patas de galo, alas espiñadas e rabo en forma de lanza.
-
Réptil meseoamericano de ata 80 cm de lonxitude, de cores variables. Presenta unha crista eréctil na cabeza, especialmente desenvolvida nos machos, e outra ao longo da columna e da cola. Habita nos arredores dos ríos e regatos e aliméntase de froitos e insectos; móvese rapidamente e poden correr pequenas distancias por riba da auga.
-
Peza de artillería empregada nos ss XVI e XVII. Usada especialmente polos turcos en combates navais, desprazou á bombarda. Desapareceu a causa da dificultade do seu manexo.
-
Representación da figura quimérica dun animal en forma de dragón con cabeza de galo, vista de perfil.
-
-
-
Calidade de basófilo.
-
Aumento do número de leucocitos basófilos no sangue.
-
-
GALICIA
Cantautor. Simultaneou a súa profesión de médico co mundo da canción. Dende que gravou o seu primeiro disco, Ahí vén o maio (1975), a súa obra vén sendo referente obrigado na historia da canción galega. O repertorio inclúe poemas musicados dun amplo abano de autores da nosa literatura (Álvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, Manuel Curros Enríquez, Celso Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro) e producións propias. Posteriores gravacións son Ballet da nena (1990), Eres un fármaco (1993), con textos en galego e castelán, Tu retrato (2007), Había que chegar (2014) e 70 y 29 (2016)
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome masculino de orixe discutida. Para algúns investigadores vén do xermánico e componse dos elementos bald ‘audaz, vitorioso’ ou baud ‘alegre’; para outros, sen embargo, é un nome céltico. En Galicia tense relacionado tamén con este nome o san Bolo, da aldea de San Cibrao, en Melide.
-
PERSOEIRO
Diácono. Segundo a lenda foi decapitado cun machado e a súa cabeza rebotou tres veces facendo brotar tres fontes. Tamén se di que onde o enterraron agromou un vizoso loureiro con poderes curativos. En Soria hai un santuario dedicado a san Baudilio de Berlanga. Na iconografía leva como atributos persoais o machado do seu martirio e, á súa beira, un loureiro como símbolo da inmortalidade. A súa festividade celébrase o 20 de maio; nos calendarios hispanos anteriores ao s XI xa figuraba ese día ou o 18 do mesmo mes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina, coreógrafa e directora de escena, máis coñecida como Pina Bausch. Formouse en Alemaña e EE UU, e iniciou no seu país a súa carreira artística que vai desde unhas primeiras producións nas que segue o canon da danza clásica, ata aqueles traballos como Kontakthof (1978) ou Café Müller (1979) nos que transgride substancialmente os códigos tradicionais na procura dunha nova concepción dramatúrxica da danza e na formulación dos principios básicos do movemento que se coñecería como ‘teatro danza’. En 1973 creou o Tanztheater Wüppertal, grupo co que desenvolveu un tipo de representación escénica con elementos expresivos coreográficos e teatrais, nos que mestura disciplinas diversas como o teatro, o canto, o mimo ou o vídeo. Entre as súas escenificacións cómpre salientar, ademais, Bandoneon (1980), Walzer (1982) e Tanzabend (1984). Unha síntese entre artes escénicas é o que Pina Bausch constrúe a partir do Minimalismo, do Expresionismo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto ruso de formación francesa. Realizou, en estilo clásico, un proxecto de reconstrución total do Kremlin de Moscova (1772) que non foi levado a cabo. É autor do Novo Arsenal de Leningrado (1768 -1769). A súa obra mestra é a casa Pahkov (1784-1786), máis tarde denominada biblioteca Lenin.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e poeta francés. Redacta o tratado xurídico Coutumes de Beauvaisis (Costumes de Beauvaisis), escrito entre o 1279 e o 1282. É autor de numerosos poemas, e das obras Manekine e Jehan et Blonde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político socialista alemán. Foi un dos fundadores da Primeira Internacional, a Asociación Internacional de Traballadores (AIT) no ano 1864, movemento no que destacou como interlocutor na polémica entre Marx e Bakunin. Por razóns políticas tivo que exiliarse a Suíza, onde dirixiu a Federación de Xenebra, afiliada á Internacional. En 1877 fundou en Xenebra o xornal socialista Le précurseur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao bei.
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Deuse a coñecer co conto Derevn’a Berd’ajka (O pobo de Berd´ajka, 1961) e consagrouse con Privyčnoje delo (Traballo habitual, 1966). Da súa produción destacan Plotničkije Rasskazy (Historias dun madeireiro, 1968), Utrom u subbotu (Sábado pola mañá, 1976) e Vospitanije po doktoru Spoku (A educación segundo o doutor Spock, 1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que contén o radical bencilo.
-
Alcohol aromático (fenilcarbinol) que, polo feito de ter o hidroxilo en cadea alquílica unida ao núcleo aromático, ten as mesmas propiedades dun alcohol alifático. Está presente no xasmín e no xacinto. Obtense pola acción do carbonato sódico sobre o cloruro de bencilo. Os seus ésteres empréganse en perfumería e farmacia. Tamén se usa como anestésico local e no tratamento de proídos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo aril-alquilico bivalente de fórmula C6H5CH=.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que tamén se coñece a penicilina G.
-
-
Elemento metálico pertencente ao grupo IIA da táboa periódica (segundo período), de número atómico 4 e peso atómico 9,0122, que actúa con valencia 2. Foi descuberto por L. N. Vauquelin en 1798, pero non foi illado por vez primeira ata 1828 por F. Wöhler e por A. A. B. Bussy, independentemente. O berilio é un metal duro, brillante, de cor gris clara, medianamente escaso na codia terrestre (0,001-0,0006%). Industrialmente se prepara por redución a partir do berilo. O metal compacto mantense estable por debaixo dos 700°C e tamén resiste a auga e os ácidos oxidantes, debido á protección que lle outorga a capa externa de óxido que forma. O berilio ten propensión a establecer enlaces covalentes, como se pon de manifesto na mala condutividade eléctrica do cloruro fundido. O elemento puro ten un uso moi limitado e emprégase para facer portaobxectos de microscopio electrónico e como moderador e reflector de neutróns en reactores nucleares. Pero a crecente importancia práctica do berilio e dos seus...
-
crisoberilo.
-
Cristais delicuescentes, brancos ou amarelados, que se funden a 440°C, moi solubles en auga (con liberación de calor). Empréganse na preparación de aliaxes de berilio.
-
Sólido higroscópico que se sublima a 800°C, moi soluble en auga, obtido por descomposición térmica (900-950°C) de fluoroberilato de amonio e empregado para a produción de berilio metálico por redución con magnesio. Utilízase na preparación de aliaxes de berilio e na fabricación de vidro.
-
Pos brancos que se descompoñen en óxido de berilio cando se quentan, solubles en ácidos e en bases obtidas por precipitación con álcali dunha solución pura de acetato de berilio.
-
Material granular, de alto punto de fusión, insoluble en auga, empregado en materiais cerámicos especiais e como soporte de catalizadores.
-
Cristais brancos delicuescentes que se presentan en forma de trihidrato [Be(NO 3 ) 2 ·3H 2 O], moi solubles en auga. Emprégase como endurecedor na composición de camisas de incandescencia.
-
Pos ou cristais de moi boa condutividade térmica e notable resistividade eléctrica, que se funden arredor de 2.530°C. Serve como ultrarrefractario en crisois, tubos, culleres de turbina de gas, etc. Tamén se emprega moito en plantas nucleares.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intoxicación profesional crónica que determina un tipo de pneumoconiose causada pola inhalación do po de berilio.