bencílico -ca
bencílico -ca
-
adx
[QUÍM]
Que contén o radical bencilo.
-
alcohol bencílico
[QUÍM]
Alcohol aromático (fenilcarbinol) que, polo feito de ter o hidroxilo en cadea alquílica unida ao núcleo aromático, ten as mesmas propiedades dun alcohol alifático. Está presente no xasmín e no xacinto. Obtense pola acción do carbonato sódico sobre o cloruro de bencilo. Os seus ésteres empréganse en perfumería e farmacia. Tamén se usa como anestésico local e no tratamento de proídos.