"ISS" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 194.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (1.777 h [2001]). Os principais cultivos son a vide, as hortalizas e as froitas. Destaca a industria da construción e a alimentaria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Protexido polos papas León X e Clemente XII, erixiuse en árbitro de todas as cuestións literarias, e na súa Arte Poetica (1529-1562) estableceu con modelos aristotélicos unha ríxida normativa, que aplicou a toda a súa obra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución financeira xurdida en 1912 da fusión do Bank in Winterthur (fundado en 1862) e o Toggenburger (fundado en 1863). A súa política de absorcións converteuna na primeira institución bancaria de Suíza. En 1997 fusionouse coa Société de Banque Suisse e creou o Banque Unie de Suisse.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado ao N de Viladecavalls (3.173 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do departamento do Rhône, Francia (56.061 h [1999]). Situada á beira esquerda do Ródano, ao S de Lyon, ten industrias metalúrxicas, téxtiles, químicas e eléctricas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor brasileiro. Autodidacta, estreouse en 1932 co volume de contos Fantoches. A obra coa que acadou máis sona foi O Tempo e o Vento (1943-1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ecumenista holandés. Primeiro secretario do Consello Ecuménico das Igrexas (1948-1966) e membro da comisión de Fe e Constitución, publicou diversas obras sobre ecumenismo e teoloxía calvinista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Momento magnético atómico elemental elixido experimentalmente de xeito que todos os momentos magnéticos medidos en física atómica poidan ser considerados múltiplos enteiros do seu valor. Equivale aproximadamente a 1/5 do magnetón de Bohr.
-
PERSOEIRO
Escritor. As súas narracións caracterízanse por un estilo meticuloso, con descricións dunha precisión case microscópica. Das súas obras destacan Der Schatten des Körpers des Kutschers (A sombra do corpo do cocheiro, 1960), a autobiografía Fluchtpunkt (Punto de fuga, 1962) e Notizbücher 1971-1980 (Cadernos de apuntamentos 1971-1980, 1981). Recibiu o Premio Georg Büchner (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico alsaciano. Estudou o magnetismo e aplicou a teoría do paramagnetismo ao ferromagnetismo, e descubriu o efecto magnetocalórico. Destaca a teoría sobre o magnetón.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTAÑA
Montaña dos Alpes Peninos, no cantón de Valais, Suíza, ao NO de Zermatt. Acada os 4.512 m.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadador e actor estadounidense. Obtivo a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de París (1922) en 100 m libres, 400 m e 4×200 m libres, e nos de Amsterdam (1928) en 100 m libres e 4×200 m libres. Inmortalizou desde 1930 a figura de Tarzán en numerosos filmes e converteuse nunha das máximas figuras de Hollywood.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político alemán. Coñecido como o Coxo, Mariana de Neoburgo nomeouno secretario (1691). Adquiriu unha fortuna cuantiosa mediante a venda de cargos. Foi embaixador en Parma (1695).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mecánico e óptico alemán. Especializado na construción de instrumentos ópticos e fotográficos, en 1846 fundou, en Jena, a empresa que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO