"Lob" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 251.

    1. Pequeno lobo ou saínte dun órgano calquera.

    2. Prolongación carnosa de forma redondeada da parte inferior da orella.

    3. Cada unha das partes, amodo de ondas, que sobresaen do bordo dunha cousa. Poden ser cóncavos ou convexos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica italiana. Coñecida como Gina Lollobrigida, interpretou personaxes populares e posteriormente outros de gran glamour. Protagonizou os filmes Fanfan la tulipe (1951), Pane, amore e fantasía (1952), La donna più bella del mondo (1955), Trapeze (1955), Buona sera, Mrs. Campbell (1968) e Widow’s Nest (1977). Abandonou o cine e dedicouse á fotografía. Recibiu a Légion d’Honneur de Francia (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Globulina que presenta un peso molecular moi elevado (superior a 400.000). As macroglobulinas poden ser normais ou patolóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección que se caracteriza pola existencia no plasma sanguíneo dunha gran cantidade de macroglobulinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Forcadela e Nogaledo (O Barco de Valdeorras). O seu cumio acada os 1.131 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Tamaguelos (Verín) e Vilar de Cervos (Vilardevós). O seu cumio acada os 661 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Emigrou a América en 1545 e en Chile foi cronista da conquista do país, ademais de participar activamente como capitán para a invasión de territorios, polo que foi nomeado corrixidor da cidade de Chile. Escribiu unha Crónica do Reino de Chile (1575-1576), que foi refundida por Bartolomé Escobar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sonda espacial lanzada o 7 de novembro de 1996 pola NASA coa misión de observar a topografía, a gravidade, a atmosfera e o campo magnético de Marte. É a primeira dentro dunha serie de sondas enviadas ao planeta e englobadas no Proxecto Mars Surveyor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de santa Baia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Foi coordinador de galego da Dirección Xeral de Política Lingüística. Publicou Vocabulario galego de Formación Profesional (1984), Lugo e a lírica medieval galego-portuguesa (1985), Escolma poético musical galega (1989) e Lingua e publicidade (1994). Ademais tamén colaborou nos volumes colectivos Lugo e a lírica medieval galego portuguesa (1985) e Poemas e contos da muralla (2001). Recibiu o Premio Buril das Letras Galegas (1986), o Premio Grugalma de   Artigos (1990) e o Premio Rosalía de Castro (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor maligno que aparece, sobre todo, no cerebro dos nenos, e raramente nos adultos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de anfibios urodelos da familia dos criptobranquios que comprende as especies M.davidianus, que pode chegar a medir 1 m de lonxitude total e que é propia de China e de Tibet, e M. japonicus, que habita soamente na illa de Honshū e que pode alcanzar os 160 cm de lonxitude. Ambas as dúas especies son típicas de zonas montañosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao megaloblasto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula embrionaria voluminosa da serie vermella e nucleada, que se atopa nas extensións medulares e no sangue nas anemias megaloblásticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que necesita dunha salinidade media para vivir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma oxidada da hemoglobina, que resulta da oxidación do ferro do complexo hemo. Non é apta para o transporte do osíxeno aos tecidos. Patoloxicamente prodúcese pola inxestión dalgunhas substancias tóxicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acumulación patolóxica no sangue de metahemoglobina que se produce pola transformación do ferro ferroso (Fe2+) a ferro férrico (Fe3+), o que xera unha desnaturalización da hemoglobina, que se volve incapaz de transportar osíxeno aos tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula nai dos leucocitos da serie granulocítica que se atopan na medula ósea e, en casos patolóxicos, no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presenza de mieloblastos no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político serbio. En 1984 foi nomeado presidente da Savez Komunista Srbije (Liga Serbia dos Comunistas), que se rebautizou como Socijalisticka Partija (Partido Socialista), e en 1988 foi escollido presidente de Serbia, cargo renovado en 1990 e 1992. Foi o impulsor do proxecto da Gran Serbia. En 1992 promoveu a guerra contra Croacia e deu soporte ao goberno serbio instaurado en Bosnia e presidido por R. Karadzić. Baixo presión diplomática, en 1995 asinou os Acordos de Dayton que deron fin á guerra da antiga Iugoslavia. As eleccións municipais de 1996 mostraron a derrota da súa coalición Socijalisticka Partija Srbije (Partido Socialista Serbio) e o non recoñecemento dos resultados ocasionou multitudinarias manifestacións promovidas pola coalición opositora Zejedno. Foi nomeado presidente da República Federal de Iugoslavia en 1997 pero en 2001 foi derrotado e xulgado polo Tribunal Internacional de Xustiza tras a intervención iugoslava en Kosovo (1999), por crimes contra a humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO