Milošević, Slobodan
Político serbio. En 1984 foi nomeado presidente da Savez Komunista Srbije (Liga Serbia dos Comunistas), que se rebautizou como Socijalisticka Partija (Partido Socialista), e en 1988 foi escollido presidente de Serbia, cargo renovado en 1990 e 1992. Foi o impulsor do proxecto da Gran Serbia. En 1992 promoveu a guerra contra Croacia e deu soporte ao goberno serbio instaurado en Bosnia e presidido por R. Karadzić. Baixo presión diplomática, en 1995 asinou os Acordos de Dayton que deron fin á guerra da antiga Iugoslavia. As eleccións municipais de 1996 mostraron a derrota da súa coalición Socijalisticka Partija Srbije (Partido Socialista Serbio) e o non recoñecemento dos resultados ocasionou multitudinarias manifestacións promovidas pola coalición opositora Zejedno. Foi nomeado presidente da República Federal de Iugoslavia en 1997 pero en 2001 foi derrotado e xulgado polo Tribunal Internacional de Xustiza tras a intervención iugoslava en Kosovo (1999), por crimes contra a humanidade.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Požarevac