"Loxia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 396.

  • Sistema ideolóxico iniciado por Franz-Joseph Gall (1758-1828). Fundaméntase na doutrina das localizacións cerebrais, segundo a cal, as distintas funcións cerebrais sitúanse nunhas áreas determinadas e existe un paralelismo entre o grao de desenvolvemento destas áreas e a intensidade de funcións que radican nelas. Deste xeito, mediante un exame da morfoloxía externa da caixa cranial, poderíanse descubrir as tendencias innatas dos individuos, determinar o seu carácter e a súa capacidade mental. Tentou aplicarse á educación e á criminoloxía, e, aínda que foi desacreditada como práctica científica, conservou a súa popularidade, especialmente nos EE UU durante o s XIX, e orixinou outras disciplinas pseudocientíficas, como a craniometría e a antropometría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte que consiste en investigacións que se fan para predicir o futuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estudia a formación e o comportamento do xeo e as diversas formas en que este se presenta na natureza (inlandsis, glaciares, icebergs, etc). O xeo está formado por numerosos cristais con estruturas moi complexas; a causa da presión, que é moi elevada en determinadas concentracións de xeo, experimenta un tipo determinado de metamorfismo que o fai altamente consistente, e o seu comportamento non se afasta moito do observado nalgúns tipos de rochas. Pódense ver distintas capas, correspondentes a diversos períodos climáticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campo dentro da lingüística diacrónica e da lexicoloxía histórica, que mide o tempo pasado entre os estadios dunha lingua por medio de formas que son identificables etimoloxicamente, ou ben que tenta determinar os cambios lingüísticos para establecer os sistemas léxicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Colección ou tratado de aforismos.

    2. Uso de máximas na escritura e na fala.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama da filosofía que se ocupa do coñecemento en xeral, que estudia a orixe, a natureza e o valor do mesmo. Non debe confundirse coa epistemoloxía, que centra o seu estudo no coñecemento científico.

    2. Ciencia que estudia os principios, as leis, os postulados e as hipóteses científicas e trata dos problemas do método, da unidade e da división das ciencias. Considérase como punto de partida desta disciplina -chamada preferentemente epistemoloxía- a Wissenschaftslehre (Teoría da ciencia, 1837), de Bernhard Bolzano, e a Philosophy of the Indutive Sciences, Founded upon their History (1840), de W. Whewell, e do seu continuador A. A. Cournot. A partir de 1900 xurdiu o movemento da crítica das ciencias, dirixido contra o dogmatismo dalgúns científicos e centrado no estudo da natureza das leis e as teorías da física e as matemáticas (H. Poincaré, P. Duhme, E. Mach, W. Ostwald, C. S. Pierce, K. Pearson, G. Frege ou B. Russell). Recentemente destacou o traballo de G. Bachelard.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do carácter dunha persoa a través da súa escritura. Baséase no principio de que certos movementos físicos do home se relacionan coas súas disposicións psíquicas. Todos os impulsos que proceden do cerebro dan unha resposta muscular que condiciona á man a uns trazos concretos. Pódese interpretar a escritura cun conxunto de trazos con interrelacións dinámicas. Considérase como o creador da grafoloxía o francés Jean-Hippolyte Michon (1806-1881), pero quen lle deu un impulso definitivo foi Jules Crépieux-Jamin (1859-1940), quen distinguiu sete xéneros gráficos fundamentais (velocidade, presión, dirección, dimensión, continuidade, forma e disposición) e unhas cento setenta e cinco especies.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Redución anómala dunha ou de dúas articulacións semellantes ou repetidas cando posúen consoantes iguais. Por exemplo: o cultismo idolatría (< ĪDOLOLATRĪA), o latinismo vulgarizado misere nobis (< MISERERE NOBIS) e as patrimoniais herdar (< HĒRĒDĬTARE) e soá (< SŬBSOLĀNA). OBS: Tamén se denomina haplolalia ou condensación asimiladora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das fontes históricas relativas aos santos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da Astronomía dedicada ao estudo das ondas sísmicas xeradas no interior do Sol. Do seu estudo obtense información sobre o funcionamento interno da estrela e dos procesos que orixinan as reaccións nucleares e o vento solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da zooloxía que trata do estudo e a descrición dos helmintos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da medicina dedicada ao estudo dos elementos do sangue e ao estudo clínico e ao tratamento das enfermidades producidas polas alteracións destes elementos. Ás técnicas hematolóxicas habituais (contas globulares ou estudios de frotis sanguíneos e medulares), uníronselle os avances da bioloxía, da química e da electrónica, que permitiron novos estudios de antíxenos e de anticorpos, de cultivos de tecidos, etc, á vez que se fixeron numerosos estudios sobre a coagulación sanguínea. Estes avances repercuten no estudo clínico dos trastornos comunmente chamados enfermidades do sangue. Os transplantes de medula ósea mostráronse eficaces no tratamento dalgunhas destas enfermidades e de certas aplasias medulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio ou tratado das células do sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio das festas relixiosas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio do fígado e das enfermidades que lle afectan.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estudio histórico e doutrinal sobre os herexes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da zooloxía que estudia os anfibios e os réptiles desde o punto de vista anatómico-morfolóxico, filoxenético, evolutivo, embriolóxico, fisiolóxico e ecolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Condición de heterólogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • hidrografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da meteoroloxía que estudia os produtos da condensación e sublimación do vapor de auga atmosférico.

    VER O DETALLE DO TERMO