gnoseoloxía

gnoseoloxía

(

  1. s f [FILOS]

    Rama da filosofía que se ocupa do coñecemento en xeral, que estudia a orixe, a natureza e o valor do mesmo. Non debe confundirse coa epistemoloxía, que centra o seu estudo no coñecemento científico.

  2. s f [FILOS]

    Ciencia que estudia os principios, as leis, os postulados e as hipóteses científicas e trata dos problemas do método, da unidade e da división das ciencias. Considérase como punto de partida desta disciplina -chamada preferentemente epistemoloxía- a Wissenschaftslehre (Teoría da ciencia, 1837), de Bernhard Bolzano, e a Philosophy of the Indutive Sciences, Founded upon their History (1840), de W. Whewell, e do seu continuador A. A. Cournot. A partir de 1900 xurdiu o movemento da crítica das ciencias, dirixido contra o dogmatismo dalgúns científicos e centrado no estudo da natureza das leis e as teorías da física e as matemáticas (H. Poincaré, P. Duhme, E. Mach, W. Ostwald, C. S. Pierce, K. Pearson, G. Frege ou B. Russell). Recentemente destacou o traballo de G. Bachelard.

Palabras veciñas

gnomónica | gnomónico -ca | gnose | gnoseoloxía | gnoseolóxico -ca | gnosticismo | gnóstico -ca