"Martin" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
PERSOEIRO
Trobador, probablemente de orixe portuguesa. Puido pertencer á liñaxe galega dos Mariño e foi medio irmán doutros dous trobadores, Per’Eanes Marinho e Osoir’Anes. Activo no segundo terzo do s XIII, formou parte do círculo cortesán de Sancho IV. No Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana aparece como autor dunha soa cantiga (“Ena primeira rua que cheguemos”), un escarnio persoal dirixido a un fidalgo, que está moi danado pola transcrición.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ciclista. Profesional desde 1954, destacou por ser un excelente escalador. Gañou seis veces o gran premio de montaña do Tour de France (1954, 1958, 1959, 1963 e 1964), unha o do Giro de Italia (1956) e dúas o da Vuelta a España (1957 e 1958). Ademais logrou o campionato de España (1958) e o Tour de France (1959).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr, probablemente de orixe galega, conforme á súa colocación no Cancioneiro de Xograres Galegos. Estivo activo entre o segundo e o último cuarto do s XIII. Atribúenselle as cantigas “O meu amig’, amiga, vej’andar” e “Diz meu amigo que eu o mandei”, conservadas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana. Estas composicións desenvolven o motivo da separación dos namorados e empregan a rima máis común na lírica galego-portuguesa (abbacc), distribuída en tres estrofas singulares de decasílabos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xograr ou segrel galego. Estivo activo a mediados ou no terceiro cuarto do s XIII, atendendo aos elementos temáticos e estilísticos e á posición ocupada nos cancioneiros segundo a datación do Pergamiño Vindel (N), que contén as sete cantigas de amigo deste autor, seis delas acompañadas de melodía. Tanto neste pergamiño como nos dous cancioneiros apócrifos italianos, as sete composicións aparecen na mesma orde e cos seguintes incipits: “Ondas do mar de Vigo”, “Mandad’ey comigo”, “Mia irmana fremosa, treydes comigo”, “Ai Deus, se sab’ora meu amigo”, “Quantas sabedes amar amigo”, “Eno sagrado, en Vigo”, “Ay ondas, que eu vin veer”. As características técnicas e retóricas da súa obra reflicten unha educación esmerada en ambientes clericais ou aristocráticos. O trazo máis característico deste cancioneiro é a súa aparente unidade secuencial. Todas as cantigas presentan rima breve, o emparellamento dos termos amigo/amado e alusións a Vigo, pero a unidade secuencial vese no esquema compositivo....
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista mensual que se editou en Vigo a partir do 1 de febreiro de 1935. Dirixida por José Vázquez Fernández, foi o órgano de expresión da agrupación Martín Codax, que creou en 1934 o sacerdote Emilio Álvarez Martínez, co obxectivo de difundir a arte, a cultura e a caridade. Caracterizouse polo seu apoio á Falanxe e ao bando franquista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo de expresión teatral escolar creado en 1973 no colexio vigués homónimo. Dirixido por Xulio González Lorenzo e María Xosé Eléxpuru, realizou diversos espectáculos na década de 1970, entre os que destaca A farsa do Cigarrón (1974), co que foi convidado a varias mostras de teatro da época.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame lírico que organiza desde 1992 as Bodegas Martín Códax co patrocinio do concello de Santiago, da Editorial Galaxia e coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, da Universidade de Santiago de Compostela, da Universidade de Vigo e da Universidade da Coruña. Algúns dos seus premiados foron Darío Xohán Cabana, Marta Dacosta, Román Raña Lama e Miguel Anxo Fernán-Vello.
-
PERSOEIRO
Mestre canteiro. Realizou co mestre Guillén Colas a portada plateresca do Real Hospital de Santiago de Compostela (1520-1521), parte do claustro da catedral e a capela de San Roque.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr, probablemente galego, pola súa colocación no Cancioneiro de Xograres Galegos. Dedúcese que estivo activo durante o segundo e o terceiro cuarto do s XIII. Consérvanse sete cantigas de amigo no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, formadas por decasílabos agudos que seguen o esquema abbaCC (agás a sétima, ababCC). Delas destacan “Ai meu amigu’ e lume d’estes meus”, “Foi-s’ un dia meu amigo d’ aqui” e “Nostro Senhor, e como poderei”. Estas composicións presentan os tópicos do xénero, excepto “Vedes qual preit’ eu querria trager”, en que a namorada lle comunica á súa irmá o desexo de compracer ao amigo e non preocupar á súa nai.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr, probablemente galego, conforme á súa colocación no Cancioneiro de Xograres Galegos. Estivo activo entre o segundo e o último cuarto do s XIII. Certas referencias contidas na súa obra sinalan que participou na expansión dos reinos cristiáns cara ao S, no reinado de Fernando III ou de Afonso X. Os apócrifos italianos, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, conservaron del oito cantigas de amigo, das que tres pertencen ao subxénero da cantiga de romaría. Entre as súas obras destacan “A do mui bon pareçer” e “Como vivo coitada, madre, por meu amigo”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi cóengo da catedral de Salamanca, arcebispo de Santiago de Cuba (1875-1889) e de Santiago de Compostela (1889-1922), e, desde 1897, cardeal (1897). Celebrou un Congreso Católico Nacional (1902).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía (2.746 h [2001]), situado nas serras Béticas, ao pe da Sierra de Yeguas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xograr. Estivo activo a finais do s XIII ou entre o segundo e o último cuarto do s XIII. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana recollen nove cantigas de amigo, dúas delas de romaría e unha dialogada, e unha de amor, en que se amosa como bo coñecedor da técnica de composición provenzal. Entre as súas composicións destacan “Ai meu amigo, coitada” e “Amigas, sejo cuidando”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerrilleiro. Coñecido como o Empecinado, levantou unha guerrilla contra os franceses que se converteu nun verdadeiro exército semirregular (1808). Pola súa rapidez de movementos e o vigor dos seus ataques foi temido entre os franceses e converteuse nun ídolo popular en toda a península. Actuou principalmente nas terras de Cuenca e Guadalajara. Nomeado mariscal de campo polo Consello de Rexencia, en 1814 esixiu de Fernando VII o restablecemento da Constitución de Cádiz, razón pola que foi desterrado. Secundou o pronunciamento liberal de Riego (1820) e combateu os Cen Mil Fillos de San Luís (1823). Foi preso polo correxidor de Roa e condenado á forca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor francés. Escribiu obras narrativas, de teatro e de teoría da literatura, e destacou polo seu espírito obxectivo e escrupuloso. Da súa produción destacan Jean Barois (1913) e a serie Les Thibault (1922-1940), que narra a historia dunha familia a principios do s XX. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1937.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xogador de baloncesto. Debutou en primeira división en 1979 co Estudiantes, para fichar polo Real Madrid C.F. dous anos despois, co que conseguiu catro ligas (1981-1982, 1983-1984, 1984-1985 e 1985-1986), tres Copas do Rei (1984-1985, 1985-1986 e 1988-1989), dúas Recopas de Europa (1984 e 1989) e unha Copa Korac (1987-1988). Na tempada 1986-1987 xogou na NBA cos Portland Trail Blazers. Coa selección española gañou a medalla de prata no Eurobasket de Nantes (1983) e nos Xogos Olímpicos de Los Angeles (1984).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista. Redactor de El Diario de Cádiz e Pueblo, participou na posta en marcha de distintos informativos na Cadena SER, como Matinal (1964), Hora 25 (1972) e El informativo de las 8 (1977), logo coñecido como Hora 20. Participou tamén nos programas de TVE 24 Horas (1971) e Siempre en Domingo (1972) e na formación de Antena 3 Radio (1982). Promotor da creación de El Periódico de Catalunya (1978) e de Antena 3 TV (1990), ocupou a presidencia desta canle ata xullo de 1992. Director de Diario de Barcelona e La Gazeta del Arte, foi director xeral de BTRZ Análisis y Proyectos e presidente do consello de dirección de Estrella Digital, ademais de colaborar en ABC, COPE, La Clave e La Estrella.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. Autora de contos, novelas e ensaios, tamén colaborou como guionista en series de televisión como Santa Teresa de Jesús ou Celia. Realizou numerosas traducións de obras literarias, como Madame Bovary, de Flaubert; Cuentos, de Charles Perrault; El primo Basilio, de Eça de Queiroz; ou Cumbres Borrascosas, de Emily Brontë. Da súa produción destacan El balneario (1954), Entre visillos (Premio Nadal, 1957), Las ataduras (1960), El proceso de Macanaz: historia de un empapelamiento (1970), Usos amorosos del dieciocho en España (1972), Desde la ventana. Enfoque femenino de la literatura española (1987), Caperucita en Manhattan (1990), La reina de las nieves (Premio Nacional de las Letras 1994) e Lo raro es vivir (1996). Recibiu o Premio Nadal (1957), o Premio Nacional de Literatura (1978), o Premio Príncipe de Asturias (1988), compartido con Xosé Anxo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filosofía e Letras, fundou as revistas literarias Un ángel más e El signo del gorrión. Da súa obra, baseada no tema do amor e nas relacións que se establecen na parella, cómpre salientar, entre outras, El amigo de las mujeres (1992), El lenguaje de las fuentes (1993, Premio Nacional de Narrativa), Marea oculta (1995, Premio Miguel Delibes), Las historias de Marta y Fernando (1999, Premio Nadal), El hilo azul (2001), La soñadora (2002) e o libro infantil Tres cuentos de hadas (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Coñecido como Chelín, iniciou a súa formación artística na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando para completala no Círculo de Bellas Artes de Madrid. Participou en grupos pitóricos que na Coruña trataban de renovar a linguaxe artística galega da década de 1970, como A Carón ou A Galga. A variedade estilística da súa obra permitiulle pasar de temáticas figurativas tradicionais como o retrato, a natureza morta ou a paisaxe a propostas abstraccionistas en que foron constantes os recursos xestuais, sígnicos ou expresionistas. O dominio das cores, o debuxo e unha certa estética xeométrica están presentes na produción máis recente de Chelín. Recibiu o Premio Díaz Pardo (1999 e 2000). Posúe obra nas coleccións de Caixanova, Fundación Once e no Museo Carlos Maside.
VER O DETALLE DO TERMO