Martin de Ginzo

Martin de Ginzo

Xograr, probablemente galego, conforme á súa colocación no Cancioneiro de Xograres Galegos. Estivo activo entre o segundo e o último cuarto do s XIII. Certas referencias contidas na súa obra sinalan que participou na expansión dos reinos cristiáns cara ao S, no reinado de Fernando III ou de Afonso X. Os apócrifos italianos, o Cancioneiro da Biblioteca Nacional e o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, conservaron del oito cantigas de amigo, das que tres pertencen ao subxénero da cantiga de romaría. Entre as súas obras destacan “A do mui bon pareçer” e “Como vivo coitada, madre, por meu amigo”.