"Meri" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 322.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución española creada en 1979, dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, que se ocupa de tarefas de cooperación entre España e os países iberoamericanos. Funciona a través de comisións mixtas que traballan con programas derivados dos Cumios Iberoamericanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución patrocinada pola Xunta de Galicia, as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, e o ICI, que ten por obxecto a intensificación dos intercambios culturais, científicos e empresariais entre Galicia e os países iberamericanos. Publica a Revista Galega de Cooperación Científica Iberoamericana. Foi declarado de interese galego en 1991.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno que presentan certos compostos, denominados isómeros que consiste no feito de ter a mesma composición centesimal, o mesmo peso molecular e a mesma fórmula empírica, pero propiedades físicas e químicas diferentes. Hai dous tipos de isomería: a estrutural ou plana e a espacial ou estereoisometría. A isomería estrutural, que se caracteriza polo feito de que os compostos se diferencian na súa estrutura, pode ser de cadea, na que os isómeros se diferencian soamente pola forma diferente da cadea, de posición, en que se diferencian pola posición dos grupos funcionais na molécula, ou funcional, nos que a función química non é a mesma. Un caso particular da isomería de posición é a metamería. A isomería espacial pode ser xeométrica ou óptica. A isomería xeométrica ou cis- trans- baséase na teoría do carbono tetraédrico. A isomería óptica ou enantiomería baséase na actividade óptica de certos compostos, e explícase pola teoría do carbono asimétrico. Un tipo de...
-
-
-
Relativo ou pertencente á isomería.
-
isómero.
-
-
Estado excitado dun núcleo atómico, en que este ten un período de vida que pode medirse. OBS: Tamén se denomina metastable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
isomería.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de isomerizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oblast’ de Kazakstán (117.300 Km2; 1.976.689 h [1999]). A capital é Symkent (360.100 h [1999]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Segundo estado e idade do Xurásico Superior formado por arxilas e margas negras. Caracterízase por unha fauna de ammonites e ostreidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Kimmeridxiano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia da República de Corea (10.512 km2; 2.970.929 h [2000]). A súa capital é Masan.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Loña do Monte (Esgos). O seu cumio acada os 733 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos latiméridos, ao que pertencen os celacantos.
-
-
Relativo ou pertencente aos latiméridos.
-
Peixe da familia dos latiméridos.
-
Familia de peixes, da orde dos celacantiformes, de ata 2 m de lonxitude, ollos grandes, aleta caudal dificerca e órgano sensorial que lle serve para moverse na escuridade e para capturar as súas presas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
América Latina.
-
-
Relativo ou pertencente a América Latina ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de América Latina.
-
Arte musical cultivada polos diferentes pobos que forman parte de América Latina. Cómpre ter en conta as aportacións que a constituíron: a música aborixe precolombina, a música dos descubridores e dos colonizadores, o elemento negro da música afrocubana, afroamericana, brasileira, e a achega europea posterior, como a zarzuela e a ópera italiana.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Luimneach.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(s IV?) Mártir. A súa existencia é dubidosa. Algúns historiadores falan do seu martirio con Diocleciano. A súa festividade celébrase o 23 de novembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Zimbabwe (54.172 km2; 592.398 h [1992]). A capital é Gwanda (10.565 h [1992]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo económico internacional creado polo Tratado de Managua de 1960. O seu obxectivo principal é a formación dunha unión aduaneira común. O tratado está subscrito por Costa Rica, El Salvador, Guatemala, Nicaragua e Honduras. Panamá actúa como país asociado. En 1993 asinouse un tratado de ratificación e fixouse como obxectivo o incremento do libre mercado.