latinoamericano -na
latinoamericano -na
(
-
adx
Relativo ou pertencente a América Latina ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante de América Latina.
-
música latinoamericana
[MÚS]
Arte musical cultivada polos diferentes pobos que forman parte de América Latina. Cómpre ter en conta as aportacións que a constituíron: a música aborixe precolombina, a música dos descubridores e dos colonizadores, o elemento negro da música afrocubana, afroamericana, brasileira, e a achega europea posterior, como a zarzuela e a ópera italiana.