latino -na
(
-
-
adx
Relativo ou pertencente á antiga rexión de Lacio ou a calquera dos pobos que conquistou o Imperio Romano ou aos seus habitantes.
-
s
Natural ou habitante da antiga rexión de Lacio ou de calquera dos pobos conquistados polo Imperio Romano.
-
adx
-
[ETN/HIST]
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo latino.
-
s
Individuo do pobo latino.
-
s
m pl
Pobo de posible orixe indoeuropea que se estableceu na Península Itálica no II milenio a C. Posteriormente establecéronse na rexión de Lacio e fundíronse con pobos preexistentes na rexión, constituíndo pequenas comunidades independentes, que compartían unha cultura e unha relixión. A súa unión política rematou a comezos do s VI a C, co comezo da monarquía etrusca en Roma. Desde o s V a C e ata ben entrado o Alto Imperio mantiveron unha consideración especial entre os romanos.
-
adx
-
adx
[RELIX]
Aplícase aos cristiáns de Occidente en contraposición aos orientais.
-
adx
-
Relativo ou pertencente á lingua ou á cultura latinas.
-
Que fala unha lingua derivada do latín.
-
-
escritura latina
[ESCR]
Escritura propia dos pobos latinos. Apareceu no s VIII a C, xunto con outros alfabetos itálicos, como unha derivación dun alfabeto grego occidental, e quedou fixada definitivamente cara aos ss II-I a C. Xa desde o comezo do Imperio Romano se presenta a dobre tradición: a epigráfica das inscricións, máis monumental e estática, e a libraria dos papiros e dos graffitis, máis áxil e esquemática. A evolución da escritura estivo condicionada polos seus elementos constitutivos e polos factores transformadores das letras, ambos os dous estudiados pola paleografía. Dunha escritura capital arcaica no s I a C pasou a unha forma capital caligráfica chamada falsamente rústica, usada sobre todo nos textos literarios, que evoluíu cara á escritura romana común clásica, máis cursiva, propia dos documentos. No s IV concretouse un novo tipo de escritura, pode ser de orixe africana e sen dúbida influída pola escritura grega contemporánea, chamada uncial. Nesta etapa interviñeron factores moi importantes de transformación, onde o cambio do eixe das letras provocou a aparición das formas do alfabeto latino chamadas minúsculas, formas que, caligrafadas, orixinaron a escritura semiuncial e, cursiva, a correspondente escritura romana chamada común nova. Estas dúas formas son a orixe directa de todas as escrituras da Idade Media e da Idade Moderna. Da común nova, xurdiron, por un lado, a escritura do Baixo Imperio Romano, escritura de chancelería, que pasou ás escrituras dalgúns reinos xermánicos; por outro lado, estes pobos invasores, que aceptaron a cultura latina e herdaron a escritura común, fixérona evolucionar, a partir do s VII e segundo as rexións, a formas típicas, chamadas escrituras nacionais: as merovinxias (ss VII-VIII), a visigótica (ss VII-XIV), a beneventana (ss VIII-XV) e outras máis locais e menos caracterizadas, chamadas precarolinas (s VIII). Tamén se considera deste grupo a curial romana da chancelería papal (ss VIII-XI). Aínda que a insular, nas súas dúas ramas, irlandesa e anglosaxona (ss VII-XII), se acomodou ás escrituras nacionais, de feito combina elementos da uncial e da semiuncial. O renacemennto literario da época carolinxia produciu unha fractura intencionada na evolución das escrituras latinas nacionais. En realidade non fixo máis que imitar a antiga semiuncial, que na nova fase tomou o nome de carolina, que nos ss XII-XV evolucionou cara ás formas góticas múltiples, feito que produciu a aparición de diversas variantes rexionais e ata de idiotismos persoais. Mentres, o renacemento da cultura antiga iniciado por Petrarca e os humanistas italianos desde finais do s XIV propugnou unha nova reforma da escritura. A dificultade de lectura que ofrecían tantas escrituras do seu tempo, anarquicamente diversificadas e que con menosprezo chamaron góticas, fixo que volvesen ao modelo carolinxio, pensando que este era produto da antigüidade clásica. Deste xeito xurdiu a escritura humanística, que desde Italia penetrou noutros países de Europa.
-
escritura latina
[ESCR]
Filosofía escrita en latín. A diferencia do grego, o latín serviu como medio de expresión filosófica tanto na Antigüidade como na Idade Media e na Idade Moderna. A primeira xeración importante de autores latinos xurdiu ao redor do comezo da nosa era, con Lucrecio (95-55 a C), Cicerón (106-43 a C) e Séneca (4 a C-65). Destaca entre estes autores Cicerón, en primeiro lugar polo seu carácter fundador xa que De republica foi a primeira obra filosófica seria escrita en latín, e en segundo lugar pola súa influencia en santo Agostiño (354-430), probablemente a máxima figura da filosofía latina vinculada ao Imperio Romano. Poucas achegas de relevo, coa posible excepción de Boecio (480-524), poden ser citadas ata Duns Escoto (1266?-1308), considerado como a primeira figura importante da escolástica, núcleo do pensamento da Idade Media. Despois de Guillerme de Ockham (1280-1347), derradeiro representante da escolástica, a lingua latina non perdeu o seu carácter preeminente. Ben ao contrario, co humanismo italiano, impulsado por Petrarca e proseguido por autores como Leonardo Bruni (1370?-1444) ou Lorenzo Valla (1407-1457), tivo lugar a recuperación do verdadeiro latín. De feito, durante todo o Renacemento a lingua filosófica seguiu sendo de maneira case exclusiva o latín, tanto polos pensadores máis continuístas, como F. Suárez (1548-1617), como polos que buscan camiños novos desde o platonismo, como Marsilio Ficino (1433-1499), G. Pico della Mirandola (1463-1494) e N. Copérnico (1473-1543). Durante a Idade Moderna, o latín conservou aínda durante tempo a súa posición preeminente. No s XVII, comezou a alternarse o latín coas linguas nacionais. Exemplos deste fenómeno son F. Bacon (1561-1626), Descartes (1596-1650), Galileo Galilei (1564-1642) e Spinoza (1632-1677). No s XVIII, a utilización do latín fóra dos ámbitos académicos volveuse menos frecuente e, probablemente, foi C. Wolf (1679-1754) o derradeiro filósofo importante que o utilizou como medio de expresión habitual.
-
filosofía latina
[FILOS]
Literatura en lingua latina. Comprende diversos períodos, que reflicten as diversas vicisitudes históricas de Roma e dos países que recolleron a súa tradición: un período inicial (época arcaica), unha época de extraordinario florecemento (época clásica) e unha progresiva decadencia, seguida da época cristiá, da medieval e da renacentista.
As épocas arcaica e clásica
Aínda que Roma non produciu unha cultura moi persoal, asimilou a doutros pobos, sobre todo de Grecia, adaptouna segundo o seu temperamento e as súas necesidades, e difundiuna por todas partes. O froito máis notable destes contactos foi a creación dunha literatura latina que acabou sendo unha produción peculiar, que se explica polas diferencias entre o pobo grego, imaxinativo e realista, e o romano, práctico e político. Por outra banda, a medida que Roma estendía as súas conquistas, impoñía o latín e a literatura latina enriqueceu o seu patrimonio coas achegas dos escritores de Italia, África, Hispania, Galia e do mesmo mundo helénico. Antes da penetración do helenismo, a literatura de Roma debeu ter pouco relevo artístico. Hai noticias dalgúns xéneros poéticos, e os máis antigos documentos en verso conservados son unhas pregarias ou carmina. En canto á métrica, o único verso tipicamente romano é o saturnio, xa que rapidamente se impuxeron os metros gregos. No que respecta á prosa, non é nada estraño que un pobo político como o romano se dedicase desde o principio ao dereito, Doce Táboas, as leges regiae, as ius Papirianum e as ius Flauianum; á historia, Annales maximi; e á oratoria. O escritor latino máis antigo é Claudio Apio. Cara á metade do s III a C, cando Roma se converteu en discípula de Grecia, comezou o verdadeiro desenvolvemento da literatura latina. A súa evolución pode dividirse segundo o punto de fusión do elemento itálico co helénico e, á vez, segundo o grao da súa expansión. O primeiro período (264-78 a C) é o de progreso e, sobre todo, o máis receptivo. Durante o segundo período (do 78 a C ao 14) a fusión é decisiva, orgánica e moi rica en creadores. O terceiro período, que pode chegar ata a caída do Imperio de Occidente (476), asegura a importancia da literatura latina. O filohelenismo impulsárono en Roma algúns círculos aristocráticos e os mesmos xenerais que conquistaron os reinos dos sucesores de Alexandre. O teatro, especialmente, o que deu mostras durante os ss III e II a C da verdadeira renovación, coa comedia palliata, grega de argumento e romana pola súa moral, representada por Nevio, Quinto Ennio, C. Plinio Cecilio, Plauto e Publio Terencio; a comedia togata, que representaba escenas da vida cotiá, con autores como Titinio, Tito Quinctio Ata, e Lucio Afranio; e a traxedia praetexta de personaxes romanos, na que sobresaíron Lucio Livio Andrónico, Nevio, Quinto Ennio, Marco Paccuvio e Lucio Accio. Un xénero orixinalmente romano é a satura ou sátira, creada por Lucilio. En canto á prosa, os primeiros cultivadores son historiadores ou analistas, que escriben en grego, como Quinto Fabio Píctor, e máis tarde en latín, como Cassio Hemina, L. Calpurio Pisón e Sempronio Aselio. Pero a figura capital deste período arcaico é Marco Porcio Catón o Censor, ou o Vello. A retórica e a oratoria floreceron durante os ss II e I a C, con P. C. Escipión Emiliano, Caio Lelio, os dous Gracos, M. Antonio -avó do triunvirato-, Licinio Craso, ademais do manual das ensinanzas dos rectores latinos, a Retórica a Herennio. A cultura grega fundírase, en todas as ordes, coa tradición romana: tal é a característica do segundo período, o máis fecundo en personalidades literarias e o máis trepidante, pola loita dos partidos. A oratoria tomou dúas direccións: a ática, de razoamento cinguido (Licinio Calvo, Xulio César, Catón o Uticense, M. Favoni e Marco Xuño Bruto, o asasino de César); e a asiática, de estrutura barroca (Quinto Hortensio Hortalo, o rival de Cicerón, e M. Antonio). Cicerón, o polígrafo e literato máis ilustre da Antigüidade, situouse entre as dúas tendencias. A carón da oratoria, a historia converteuse nun tema actual e polémico, e os analistas foron substituídos polos escritores de memorias, commentarii, que se dirixiron ao pobo (M. Emilio Scauro, Q. Lutacio Catulo e Sula), e polos historiadores e biógrafos (César, Salustio e Cornelio Nepote). A erudición tivo o seu representante máis insigne en Marco Terencio Varrón. A poesía tomou un camiño innovador, de gusto alexandrino, cos noui poetae (Licinio e Furio Bibáculo), dos que o máis dotado foi Catulo. Unha figura illada, enorme, na poesía filosófica e científica, foi a de Lucrecio. Pero, é no tempo de Augusto cando se acada a verdadeira idade de ouro da literatura latina. Continúanse escribindo memorias e monografías (Augusto e Vitruvio Polio), pero o xenial historiador do pasado de Roma, revestido de orador e de poeta, foi Tito Livio. Por outra banda, os poetas máis representativos foron Virxilio e Horacio. Floreceu a elexía sentimental con Cornelio, Tibulo e Propercio, mentres que Ovidio se converteu no poeta da sociedade refinada dos derradeiros tempos de Augusto.
A literatura postaugusta
Durante o terceiro período, a literatura latina cultivouse ao redor do Imperio occidental e por algúns escritores gregos. Chegan as achegas renovadoras das provincias e o clasicismo acada as últimas conquistas antes de sobrevir a disgregación. Do período de Tiberio a Nerón destacan algúns poetas como Xermánico, Manilio e Fedro; prosistas como Patronio e dous estoicos, L. Anneo Séneca e Lucano. Da época de Vespasiano e Domiciano destacaron Silio Itálico, Valerio Fraco e Estacio, o científico Plinio o Vello e tres voceiros da protesta, Marcial, Xuvenal e Persio. No renacemento dos tempos de Nerva e de Traxano destacaron Quintiliano, Plinio o Novo, Tácito e Suetonio. Desde Adriano ata a caída do Imperio de Occidente sobresaíron Nemesiano, o anónimo Peruigilium Veneris e os poetas Décimo Magno Ausonio, Claudio Claudiano e Rutilio Namaciano. A prosa adaptouse aos xéneros funcionais: o dereito (Gaio, Sexto Pomponio, Papiniano e Ulpiano), a erudición (Aulio Gelio e Ambrosio Teodosio Macrobio), a gramática e a lexicografía (Nonio Marcelo e Servio). En historia hai seis autores da Historia Augusta, ademais de Ammiano Marcelino, Publio Anneo Floro e Eutropio. A partir do s III, a lingua latina converteuse en instrumento das aspiracións do cristianismo, que forma un mundo á parte.
A literatura latina cristiá
A literatura latina cristiá iniciouse no s II coas traducións da Biblia, coñecidas co nome de Vetus Latina. Cara ao ano 180 localizáronse as primeiras actas de mártires africanos redactadas en latín, Actas dos mártires escilitanos. A Paixón de Santa Perpetua e Santa Felicidade. Tamén en África, os derradeiros anos deste século e os primeiros decenios do seguinte, a obra de Tertuliano contribuíu ao desenvolvemento da forma e á fixación dunha terminoloxía do latín teolóxico cristián. San Cibrán de Cartago escribiu sobre temas teolóxico-pastorais, cunha prosa xa tipicamente cristiá, ampla e cadenciosa. Tamén en África pódese salientar a figura de Minucio Félix, autor do diálogo Octavio. Ao redor dos anos do Edito de Milán (313) escribiu Lactancio (Divinae institutiones) e, na segunda metade do s IV, Ambrosio de Milán e san Xerome, este último tradutor da Vulgata. A figura máis brillante desta idade de ouro das letras latinas cristiás foi santo Agostiño, que influíu moito na cultura europea posterior. Desde moi cedo, os escritores cristiáns cultivaron a poesía, como é o caso de Commodiano, no s III. No século seguinte destacaron Xuvenco, Hilario de Poitiers, Mario Vic22torino, santo Ambrosio e o Papa Dámaso I. A poesía latino-cristiá acadou o máximo apoxeo cos himnos dos mártires e a poesía apoloxética e didáctica de Prudencio. A partir do s IV, a literatura cristiá incorporouse de cheo á cultura romana, e nos prerrenacementos sucesivos das letras latinas, e despois, na Idade Media e no Renacemento, apareceron a Sagrada Escritura, os pais latinos e os poetas como Prudencio, ao lado dos autores clásicos.
A literatura latina desde a crise do s V ata o renacemento carolinxio
O ritmo das mutacións que afectaron ás letras latinas, desde a crise do s V ata o advento de Carlomagno, é moi complexo. Coas invasións, ademais da destrución das bibliotecas públicas e privadas e a dispersión dunha gran parte dos círculos cultos, incrementouse a tendencia na ruralización, e as escolas urbanas, cando non desapareceron, mantivéronse en condicións moi precarias. A cultura clericalizouse e o culto pagán das belas letras case desapareceu. As condicións en que se desenvolveu a cultura literaria latina variaron moito dun lugar a outro e segundo o momento. Na Galia asistiuse durante todo o s V a un período relativamente brillante, con san Sidonio Apolinar. A actividade literaria é especialmente intensa no sueste da Provincia Narbonensis. Destacaron Casiano e a escola ascética da Illa de Lerins; san Cesáreo de Arles; san Gregorio de Tours e o poeta Venancio Fortunato, primeiro poeta lírico de espírito medieval. No s VII, a falta de formación literaria acentuouse, como deixa patente a crónica do pseudo Fredegario. En Italia, durante o s V, a actividade literaria foi pobre. Ao comezo do século seguinte, as condicións culturais melloraron e, a partir da conversión ao catolicismo da corte visigótica en 589, iniciouse un período de prosperidade e renacemento cultural. En África mantívose con tenacidade o cultivo das literaturas pagás e cristiás, nas que destacaron Víc22tor de Vita, Draconcio, Corippus e os poetas da Antoloxía latina. O fenómeno do desenvolvemento das letras latinas en Irlanda e no Reino Unido é inseparable das longas peregrinacións dos monxes insulares ao continente, como san Patricio en Irlanda (s V). San Columbano foi o fundador dos mosteiros de Luxeuil (612) e Bobbio (615), e un discípulo seu, Gal, fundaron o mosteiro de Sankt Gallen. En Inglaterra destacaron o monxe Agostiño, primeiro arcebispo de Canterbury (601), o africano Hadriano, e Teodoro de Tarso. A actividade de Beda o Venerable (673-735) foi dunha gran trascendencia, posto que converxeu no renacemento carolinxio. Entre os misioneiros anglosaxóns do s VIII destacou san Bonifacio.
O renacemento carolinxio
Carlomagno, restaurador do Imperio, levou a cabo unha revitalización da cultura latina. Italia proporcionou os primeiros mestres, entre eles, Alcuino de York, herdeiro da tradición anglosaxona, que levou a súa escola de York ás terras da monarquía franca; alí organizou e dirixiu a escola Palatina e converteuna nun admirable cenáculo cultural. O novo programa de estudios, que caracterizou os estudios medievais ata o Renacemento, baséase nas sete artes liberais, divididas en trivio e cuadrivio. Á morte de Carlomagno, a crise que se orixinou no seo do Imperio Carolinxio non detivo o pulo cultural, coa excepción do s X, que representa unha pequena parada. No s XI, a evolución cultural retomou o camiño ascendente. En Italia existiu unha produción que comprendía desde o léxico de Papia ata os tratados musicais de Guido de Arezzo, coas novas escolas de retórica e os teólogos e escritores. Máis fecunda aínda foi a sorte das letras en Francia e en Xermania; Eccehard, por exemplo, empregou os versos e os modos de Virxilio para as lendas heroicas do Waltharius. Tanto en Sankt Gallen como noutros lugares, unha multitude de literatos preludian a brillantez do s XII.
O século XII
Este século representa un agrandamento do horizonte cultural. Xurdiron novas escolas, con programas de ensino máis amplos, a carón da sociedade, que experimentou un cambio socioeconómico notable, floreceu a cultura literaria, coa gramática e a retórica máis atentas no estudo dos autores. Froito desta atención son as diversas gramáticas, como as de Alexandre de Villedieu e Éverard de Béthune, e as poéticas, sobre todo a Ars poetica de Mateo de Vendôme, mestre en Orléans. A descuberta das primeiras versións de autores gregos, chegadas a través de Sicilia e de Hispania, abriron novos camiños á cultura europea. Mentres comezaron a desenvolverse as linguas en romance, a poesía latina afírmase coas obras de Hildeberto de Lavardin, Bernardo Silvestre e Alá de Lilla, cos himnos relixiosos, coas composicións xocosas e satíricas dos goliardos e coa comedia elexíaca, como a de Vital de Blois. En Xermania, os monxes opuxéronse aos modelos franceses, pero algúns espíritos máis inquedos continuaron imitándoos: Hugo de San Víc22tor, Otto de Fisinga, algúns poetas épicos e o famoso Archipoeta de Colonia. En Italia, o movemento intelectual deste século é amplo e difire do francés. Nos estudios literarios, filosóficos e científicos, prefírense os estudios de medicina, os xurídicos e os retóricos. A poesía quedou restrinxida á narración de feitos históricos cun certo matiz político, agás en Arrigo da Settimello, que escribiu Elexía. En conxunto, o s XII representou na época medieval máis próxima ao espírito dos clásicos, un auténtico renacemento, polo progreso do pensamento teolóxico, científico e xurídico, e pola utilización dos pensadores artísticos.