"PAL" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 751.
-
-
Relativo ou pertencente aos hapálidos.
-
Primate da familia dos hapálidos.
-
Familia de primates platirrinos formada por individuos que teñen entre 10 e 20 cm, con cabeza arredondada, a cara longa e pilosa e os ollos relativamente grosos. Comprendía os chamados titís, que habitaban en grupos nos bosques tropicais de América Central e do Sur.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica, característica do latín clásico, que consiste nun cambio de construción entre dous termos. No caso de Istius amicitiae oblivionem mandavisti, por exemplo, trasladáronse os complementos do verbo, que deberían aparecer como amicitiam oblivioni.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sevillano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colonia romana, que se corresponde co actual barrio sevillano de Triana.
-
IGREXAS
Igrexa española fundada en 1880 por cristiáns disidentes da Igrexa de Roma, dirixidos por Joan Baptista Cabrera i Ibarz. Forma parte da Comuñón Anglicana, coa que comparte tradicións, orde e plena comuñón, aínda que ten características propias pola súa condición de española. Rexeita as doutrinas e prácticas alleas á Biblia, mantén a tripla orde do ministerio (bispos, presbíteros, diáconos), segue a liturxia hispánica, administra o Bautismo e a Cea do Señor como sacramentos, e celebra sínodos cada dous anos, formados polos ministros e polos membros das igrexas locais, elixidos nas súas congregacións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Mamífero artiodáctilo da subfamilia dos antilopinos que acada preto de 1 m de altura na cruz, de corpo esvelto e elegante e con cornos persistentes en forma de lira, presentes só nos machos e formados por aneis prominentes. Habita en grupos numerosos nas sabanas de África oriental e centromeridional.
-
-
Que non se percibe polo tacto.
-
Que é moi sutil ou que apenas se percibe.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao molusco lamelibranquio que presenta nas valvas a impresión paleal continua e paralela á cuncha.
-
GALICIA
Ilustradora. Estudiou Belas Artes en Madrid. Realizou, entre outras, as ilustracións de Quérote (1994), de Úrsula Heinze, Como unha pluma liviá (1995), de Xavier López Rodríguez e Quero que veñan meus pais (2000), de Concha Blanco; ademais de libros sen texto, dos que destacan, Perro (1995) e 4 libros de imágenes para bebés sin texto (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e pianista húngaro. Foi discípulo de Z. Kodály e Z. Szekeley. A súa obra, que inclúe diversas sinfonías, sonatas para piano e cuartetos de corda, recibiu a influencia de Bartók, Hindemith e Stravinskij. Destacou tamén como concertista e como profesor de piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital de Uganda e da rexión Central, situada ao NO do lago Victoria, a 1.190 m de altitude (1.154.000 h [1999]). É o primeiro centro comercial, administrativo e agrícola do país.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Uganda (238 km2; 774.241 h [1991]). A súa capital é Kampala.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Vjazynka, Vilnius 1882 - Moscova 1942) Poeta bielorruso. Cantou á vida dos campesiños e á ansia de liberdade en Mogila l’va (A tumba do león, 1910) e no drama Razor’ennoje gnezdo (O niño destruído, 1913). Reflectiu os cambios producidos trala Revolución de Outubro en Alesja (1935) e Ot serdca (De toda cor, Premio Stalin 1945).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mucosidade que presentan as raias na súa pel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lección que, nunha ou varias familias de códices, motiva as demais e que se considera a máis fiable, xa que é mais fácil explicar as outras leccións a partir desta e non ao revés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se articula ao aproximar a lingua ao padal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción barroca situada en Lugo, que pertenceu aos Lemos e Osorio. Construíuse entre 1478 e 1480, e reformouse durante o bispado de Caietano Gil Taboada (1735-1745). Destaca o patio interior de planta cadrada e a fachada principal, decorada co brasón do bispo. Sobre o tellado destaca un frontón, de época anterior, composto por un balcón cos escudos dos Lemos e Osorio e os Reis Católicos.
-
PERSOEIRO
Emperador de Bizancio (1391-1425), fillo de Xoán V Paleólogo de Bizancio. Acudiu a Occidente (1399) para solicitar axuda contra os turcos de Baiaceto I, pero non a conseguiu. Amigo do sultán Mehmet, conseguiu a recuperación dalgúns territorios e restableceu a orde do Imperio Bizantino. Coa chegada ao poder do fillo de Mehmet I, Murat II, a paz perigou e tivo que someterse ao novo sultán, ademais de pagar un importante tributo. Pouco despois de asinar este tratado retirouse a un convento, onde morreu.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Esteiro situado na desembocadura do Tejo, en Lisboa. Presenta ao N unha serie de illotes de carácter aluvial. Á beira de Lisboa forma unha angostura duns 16 km, ata chegar ao océano, na entrada do que se localiza o illote rochoso de Bugio, fronte a Trafaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mariana de Neoburgo.