"PRI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 409.

  • Principio fundamental da hidrostática polo que a presión exercida en calquera punto dun fluído, que enche totalmente o espazo que o limita, se transmite integralmente en todas as direccións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • principio de exclusión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Comezou traballando nos obradoiros da Viúva e fillos de Riego. A partir de 1807 fíxose cargo dese mesmo obradoiro e comezou a editar a Gazeta de La Coruña (1808), un dos primeiros xornais da cidade, contrario ás   tropas napoleónicas. En 1811 editou un folleto de Jovellanos dirixido aos españois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e escritor. Especializado en teoloxía dogmática pola Universidad de Salamanca, pertenceu ao consello de redacción da revista Encrucillada, foi director da asociación e da revista Irimia e membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Das súas obras destacan A Xeración Nós. Galeguismo e relixión (1988), no que investigou o pensamento relixioso dos membros da Xeración Nós; Galegos e cristiáns: deus fratesque gallaeciae (1994), Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo (1997), A romaxe de crentes galegos: de Irimia a Santa Margarida (1978-1997) (1998) e Con cordas de tenrura (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra escrita e ilustrada por Antoine de Saint--Exupéry (1943), que fala con suposta inxenuidade das terribles contradicións da humanidade. Conta a historia dun aviador perdido no deserto que se atopa cun neno, que di ser o príncipe dun pequeno planeta, e que non para de facerlle preguntas estrañas. No libro plásmase o valor da amizade, o heroísmo como meta e a responsabilidade como conduta moral. Carlos Casares publicou en 1972 a tradución ao galego desta obra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos serránidos, ao que pertence o mero cristado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Haití e do departamento de Oeste (990.558 h [1999]). Está situada na costa occidental da illa e na fértil chaira de Cul de Sac, cun excelente porto no golfo de Genâve. Posúe industria azucreira e de bebidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Port-au-Prince ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Port-au-Prince.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento de liberalización iniciado en Praga (1967-1968), como contestación á crise económica e política do réxime checoslovaco. Comezou por unha crítica dos escritores ao sistema, ao que se uniron os universitarios e a maioría dos membros do comité central do partido comunista, que votou a separación do cargo de presidente da república do de secretario do partido e outorgou o último a A. Dubček. Máis tarde, o presidente, A. Novotný, tivo que dimitir e foi substituído por L. Svoboda. O proceso rematou coa invasión do país polas tropas do Pacto de Varsovia en agosto de 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido Revolucionario Institucional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piso e idade do Eoceno Superior mariño, situado sobre o Bartoniano e baixo o Oligoceno. O estratotipo está en Priabona (Véneto, Italia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Priaboniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derradeiro rei de Troia, fillo de Laomedonte. Tivo diversas esposas e concubinas e uns cincuenta fillos, entre eles Héitor, Paris, Deífobo, Creúsa e Casandra. Pediulle a Aquiles os restos mortais de Héitor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Composición poética grecolatina en honor do deus Príapo. De orixe relixiosa, co tempo perdeu este significado e adquiriu un contido artificioso e obsceno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Erección anormal e dolorosa do pene, sen desexo sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade grega. Símbolo do instinto sexual e da forza xerativa masculina e tamén da fecundidade da natura, considerouse fillo de Dióniso e de Afrodita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos priapúlidos.

    2. Metazoo do filo dos priapúlidos.

    3. Filo de animais metazoos triploblásticos protostomios e pseudo-celomado, que alcanzan como máximo 8 cm e teñen o corpo vermiforme, dividido en prosoma, onde ten a boca con espiñas dispostas en aneis concéntricos que serven para capturar os alimentos, e tronco con segmentación superficial. Son mariños e aliméntanse de poliquetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Cunha gran capacidade para a dramatización, posúe unha voz escura e ampla. En 1959 debutou no Covent Garden de Londres e en 1962 na Scala de Milán. Acadou sona internacional coa ópera Porgy and Bess (1952), de Gershwin, convertendose na primeira soprano afroamericana en triunfar nos escenarios operísticos de todo o mundo. Retirouse en 1990 no Metropolitan Opera de Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico e teatral. Durante a década de 1960 protagonizou unha serie de filmes sobre obras de Edgar Allan Poe, ata que a súa actuación en The Abominable Dr Phibes (1971) o converteu nun personaxe popular no cine fantástico. Protagonizou tamén The Fly (1958), Tales of Terror (1962) e Edward Scissorhands (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade do Silúrico Superior, definida como unha serie ou piso, e época ou idade, situada sobre o Ludlowiano e baixo o Devónico.

    VER O DETALLE DO TERMO