priapúlido -da
priapúlido -da
(< lat científico Priapulus)
-
adx
Relativo ou pertencente aos priapúlidos.
-
s
m
[ANIMAL]
Metazoo do filo dos priapúlidos.
-
s
m pl
[ANIMAL]
Filo de animais metazoos triploblásticos protostomios e pseudo-celomado, que alcanzan como máximo 8 cm e teñen o corpo vermiforme, dividido en prosoma, onde ten a boca con espiñas dispostas en aneis concéntricos que serven para capturar os alimentos, e tronco con segmentación superficial. Son mariños e aliméntanse de poliquetos.