"PS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 561.

  • Xénero de anfibios que aparecen no Carbonífero. Medían 1,80 m de lonxitude e tiñan un aspecto semellante ao caimán. Crese que vivían na auga e que saían ás beiras para alimentarse, cun comportamento semellante ao do crocodilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da psicoloxía social que estudia a interacción psicolóxica que se produce polo contacto entre as distintas culturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado fisiolóxico que define a dixestión normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Milleiro de billóns de operacións de coma flotante que é capaz de procesar un sistema nun segundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema que afirma que todo grupo simple finito non conmutativo é de orde par e que todo grupo finito de orde impar é resoluble.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Pertenceu ao departamento atómico da Universidade de Princeton (1942-1943), colaborou nas investigacións do laboratorio nuclear en Los Alamos (1943-1945) e contribuíu ao desenvolvemento da bomba atómica. Expuxo unha teoría sobre a desintegración beta. En 1965 recibiu o Premio Nobel de Física, que compartiu con J. S. Schwinger e S. Tomonaga, polos seus traballos sobre electrodinámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso mediante o que se obtén un combustible sintético por hidroxenación do gas de auga, mestura de monóxido de carbono e de hidróxeno, que resulta de tratar o coque con vapor de auga a temperaturas elevadas. Cómpre tratar a mestura con catalizadores de óxidos metálicos. A primeira fracción necesita, para que se poida utilizar, un proceso de reformación e a adición de antidetonantes. A fracción dun punto de ebulición máis alto é moi apropiada para os motores diesel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento obstétrico apto para a asir a cabeza fetal, facerlle tracción e dirixilo, co fin de acelerar o parto cando o período expulsivo se prolonga e hai perigo de sufrimento fetal. Ideado en 1647 por Pierre Chamberlen (1601-1683), consta basicamente de dous brazos que se cruzan; en cada rama está a culler para suxeitar a cabeza do feto, o colo ou zona onde se articulan os dous brazos, e o mango.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sensacións visuais, como chispas ou relampos, que teñen como causa unha excitación non lumínica da retina ou das vías e dos centros ópticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1921. Foi dirixida por Rex Ingram e interpretada por Rodolfo Valentino, Alice Terry e Pomeroy Cannon, entre outros. O filme foi prohibido en Alemaña polo seu carácter antixermano, pero en EE UU tivo un éxito sen precedentes grazas á figura de Rodolfo Valentino, que creou o prototipo do latin lover.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elipsoide correspondente á ecuación que resulta ao desenvolver a densidade de enerxía electromagnética dunha onda luminosa nun medio dieléctrico anisótropo, en función das compoñentes do tensor dieléctrico do medio e do campo eléctrico da onda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do estado de Victoria, ao SL de Australia (35.000 km2). É unha ampla extensión que se estende de L a O ata a baía de Port Phillip e constitúe a orla marítima dos Alpes Australianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido conxuntivo que envolve o fígado e os vasos condutores linfáticos. Foi descuberta polo médico inglés Francis Glisson.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema de xeorreferenciación que utiliza a constelación de satélites Navstar da forza aérea de EE UU. O sistema baséase na medición da distancia do receptor aos satélites, o que permite coñecer a súa localización xeográfica (latitude, lonxitude e altitude). Desenvolvido na década de 1950, despois da Guerra de Vietnam aprobouse o seu uso civil, aínda que os datos proporcionados introducían erros de precisión premeditados de entre 50 m e 80 m. En 1975 empezouse a utilizar en España. O anuncio da pretensión da Unión Europea de desenvolver un sistema propio (GALILEO) de utilización civil que eliminase o erro de precisión predeterminado, provocou que o presidente B. Clinton, influído pola industria estadounidense, ordenara afinar a precisión do sistema ata 5 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político, estadounidense. Coronel dos voluntarios de Illinois ao comezo da Guerra de Secesión, conseguiu a vitoria das tropas do N en Vicksburg (1863). En 1864 foi nomeado comandante en xefe do exército da Unión e aceptou a rendición do xeneral sudista Robert E. Lee (1865). Presidente dos EE UU durante dous mandatos (1868-1877), a súa política limitouse á represión dos sudistas e ao proteccionismo económico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das cariofiláceas, que se caracteriza por presentar follas lanceoladas ou oblondas, flores pequenas e froito e cápsula globosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de teleósteos da familia dos halosáuridos. Peixes abisais provistos de fotóforos. Inclúe a especie identificada en 1878 por Günther, macrochir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (3.689 km2; 1.252.600 h [estim 2000]). A capital é Winchester.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Raza porcina orixinaria do condado inglés de Hampshire, de cabeza longa, pescozo curto e peito ancho, que se caracteriza por presentar a pel e o pelo negros, agás nas patas anteriores e o lombo, que son brancos.

    2. Raza ovina, orixinaria do condado inglés de Hampshire, de tamaño medio, caracterizada pola pel e a la brancas, agás na cara e nas patas que son marróns escuras ou negras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña da dinastía XVIII (1567 a C-1320 a C), filla de Tuthmosis I. Casou con Tuthmosis II e trala súa morte foi rexente de Tuthmosis III e raíña de Exipto. Continuou a política dos seus antecesores e fomentou o comercio e a procura de minerais e materiais preciosos. Construíu o conxunto monumental de Dayr al-Ba ḥ rī.

    VER O DETALLE DO TERMO