fórceps

fórceps

(< lat forceps ‘tenaces’)

s m [MED]

Instrumento obstétrico apto para a asir a cabeza fetal, facerlle tracción e dirixilo, co fin de acelerar o parto cando o período expulsivo se prolonga e hai perigo de sufrimento fetal. Ideado en 1647 por Pierre Chamberlen (1601-1683), consta basicamente de dous brazos que se cruzan; en cada rama está a culler para suxeitar a cabeza do feto, o colo ou zona onde se articulan os dous brazos, e o mango.