FORCEM

FORCEM
Nome científico: [Fundación para la Formación Continua]

Fundación sen ánimo de lucro creada a partir do Acuerdo Nacional de Formación Continua, entre a CEOE (Confederación Española de Organizaciones Empresariales), a CEPYME (Confederación Española de la Pequeña y Mediana Empresa) e os sindicatos CC OO, UGT e CIG, que se constituíu co apoio do Fondo Social Europeo en maio de 1993. Entre os seus obxetivos destaca a formación continua de profesionais de todos os sectores socioeconómicos, a xestión das axudas á formación continua e a realización do seu seguimento e control técnico. Os principais destinatarios dos seus planos de formación son as entidades de titularidade privada con persoal contratado e os profesionais por conta propia.