Forças Populares 25 de Abril
Forças Populares 25 de Abril
Grupo de extrema esquerda, xurdido en Portugal en 1980, que tomou o seu nome da revolución contra a ditadura salazarista (25.04.1974), coñecida como Revolução dos Cravos. A súa ideoloxía centrábase na loita contra o imperialismo e o poder exercido pola burguesía capitalista, para o que levou a cabo diversos atentados contra o goberno portugués, entidades bancarias, delegacións estadounidenses e da OTAN ata 1986, ano en que foi detido o seu líder, Otelo Saraiva do Carvalho, condenado a quince anos de prisión. En 1995 beneficiouse dunha amnistía xeral concedida aos membros do grupo e saíu en liberdade.