Forcarei, San Martiño de

Forcarei, San Martiño de

Igrexa parroquial situada en Forcarei. Construída no 1697, reedificouse en 1787 baixo a dirección dos canteiros Pedro Varela e Pedro Gutiérrez, e ampliouse no s XX ao engadirse unha nave transversal ao muro S. Ten planta de cruz latina con ábsida e sancristía cadradas, cóbrese con bóveda de aresta. Na fachada, a porta é arquitrabada e sitúase baixo un pórtico con arco semicircular; sobre ela ábrese unha fornela coa imaxe da Virxe. A torre, situada nun dos lados da fachada, está composta por dous corpos, un rectangular e outro octogonal coroado por unha pequena lanterna.