"Perez" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 270.

  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Emigrou a América e estableceuse en Arxentina en 1893. Colaborador en diversos xornais e revistas, como El Eco de Galicia e Almanaque Gallego, da súa produción destacan A la vejez, viruelas (1890) e La Revolución Malezalera (1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista, xornalista e político. Foi director xeral de Prisións e creou a Escola de Criminoloxía. Foi deputado por Ourense en doce lexislaturas entre 1872 e 1919 e fundou o xornal El Miño (1898), desde onde defendeu as ideas de U. Montero Ríos. Recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Formado en Madrid, Múnic e Viena, exerceu como director da Orquesta Sinfónica de Asturias (1980-1988), director invitado da Orquesta Nacional de España (1987-1988), director titular e artístico da Orquesta Sinfónica de Tenerife, desde 1986, e simultaneamente, desde 1993, director musical da Orquestra Sinfónica de Galicia. Dirixiu, entre outras, a Philharmonia e a Royal Philharmonic de Londres, a Verdi de Milán, a Sinfónica de Berlín e Sinfónica de Helsingborg (Suecia). Recibiu o Premio Ondas (1992), o Premio Nacional de Música no apartado de interpretación (1995) e a Medalla de Oro de las Bellas Artes (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de cine. Secretario da asociación 100 Años de Cine e presidente da Asociación Española de Historiadores de Cine, asesorou os festivais cinematográficos de Valladolid, Bilbao e València. Da súa produción destacan Abrir las puertas del mar: guión para un cortometraje (1970), en colaboración con Francisco Llinas; El cinema de Edar Neville (1982), El cinema de Luis Marquina (1983), e Berlanga (1999); a recompilación Antología crítica del cine español: 1906-1995 (1997); e como coordinador, Gonzalo Torrente Ballester y el cine español (2000) e Tragedia e ironía: el cine de Nieves Conde (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Asociado con Jerónimo Junquera desde 1973, buscaron solucións ao problema da vivenda colectiva. Realizaron bloques de vivendas como os da rúa Rafael Finat (Madrid, 1973-1984) e a ordenación da illa de La Cartuja. O seu estilo caracterizouse pola permeabilidade evolutiva das súas construcións e a adecuación destas ao ambiente en que se localizan. Membro do Patronato da Fundación García Lorca, dos seus numerosos proxectos destaca a rehabilitación e a reforma da Biblioteca Nacional (1986-1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e editor. Licenciouse en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu en Ourense. Encadrado polos críticos dentro da xeración rexionalista, foi un dos primeiros escritores deste grupo que apostou pola prosa. Colaborou inicialmente en O Tío Marcos da Portela e publicou nel poesía e prosa, centrada sobre todo en cuestións literarias ou relacionadas coa agricultura. Despois do seu enfrontamento con Valentín Lamas Carvajal pasou a colaborar en El Derecho e fundou e dirixiu El Diario de Orense e Las Burgas. Como editor elaborou a Biblioteca Verde y Rosa, en que apareceron algunhas das súas obras e outras de Francisco Álvarez de Nóvoa. Na súa obra narrativa pretendía introducir novos elementos estéticos e formais, sobre todo no conto, onde realizou unha importante análise psicolóxica dos personaxes, tentando adaptalos á lingua coloquial. Por outra banda cómpre salientar o impresionismo dos seus relatos, o colorido e as descricións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Ceramista. Traballou na pintura e na música pero centrouse na cerámica co modelado de barro. A súa obra caracterizouse pola temática popular e a sinxeleza. Traballou con Maximino o Bolica e con Lelo de Beloi, co que aprendeu a técnica da cocción e a empregar os óxidos. Da súa produción destaca Nadal (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Maxistrado e notario da Coruña, foi deputado nas Cortes polo distrito de Chantada (1903-1905). Defensor do dereito foral galego, a súa obra está baseada nos testemuños reais que foi recollendo das sentenzas xudiciais dos tribunais galegos. Da súa produción destacan Ponencia sobre foros (1899), El derecho foral de Galicia (1915) e Proyecto de Apéndice al Código civil aprobado por la Comisión especial del Derecho foral de Galicia (1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico cubano. Despois de iniciar a súa carreira en diversas orquestras de La Habana, en 1943 incorporouse á Orquesta Casino de la Playa, dirixida por Liduvino Pereira. Na súa música incorporou elementos do swing ao jazz para crear o mambo, polo que se coñeceu como “o rei do mambo”. Viaxou a México, onde formou unha das orquestra coa que difundiu o mambo por todo o mundo, sobre todo en EE UU. Da súa discografía destacan Qué rico el mambo (1949), Cerezo rosa (1955) e Corazón de melón (1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Comezou traballando nos obradoiros da Viúva e fillos de Riego. A partir de 1807 fíxose cargo dese mesmo obradoiro e comezou a editar a Gazeta de La Coruña (1808), un dos primeiros xornais da cidade, contrario ás   tropas napoleónicas. En 1811 editou un folleto de Jovellanos dirixido aos españois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e escritor. Especializado en teoloxía dogmática pola Universidad de Salamanca, pertenceu ao consello de redacción da revista Encrucillada, foi director da asociación e da revista Irimia e membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Das súas obras destacan A Xeración Nós. Galeguismo e relixión (1988), no que investigou o pensamento relixioso dos membros da Xeración Nós; Galegos e cristiáns: deus fratesque gallaeciae (1994), Do teu verdor cinguido. Ecoloxismo e cristianismo (1997), A romaxe de crentes galegos: de Irimia a Santa Margarida (1978-1997) (1998) e Con cordas de tenrura (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Presidiu a Sociedad para el Desarrollo Industrial de Galicia (SODIGA) e foi director xeral de Comercio Interior (1970-1973). Foi nomeado procurador en Cortes pola Organización Sindical Española en varias lexislaturas e en representación familiar por Pontevedra (1971-1977). Foi senador electo por Pontevedra en dúas lexislaturas (1977-1982) e membro da Comisión dos 9. Recibiu Gran Cruz del Mérito Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e historiador. Publicou estudos sobre dereito na España romana, historia da España goda e dereito castelán. Escribiu Historia de las instituciones sociales de la España goda (1896).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi alcalde de Berlanga del Bierzo (1963-1965) e do concello de Ribeira (1975-1978 e 1987-1991), deputado no Parlamento de Galicia por AP (1981-1989), senador pola Coruña na IV lexislatura (1989-1993), deputado na Deputación Provincial da Coruña (1987-1991) e director xeral de Pesca (1983-1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poetisa. Na súa obra reflicte algúns temas como a vida, a familia, a natureza e a amizade, sempre desde un punto de vista próximo á relixión. Colaboradora de El Álbum de la Caridad, El Almanaque Gallego e El Ángel del Hogar, escribiu Cantos de la infancia (1865), con prólogo de Manuel Murguía; Devocionario infantil (1867), dedicado ao príncipe de Asturias Afonso XII; e Horas perdidas (1874), en que inclúe diversas composicións de temática relixiosa. Foi galardoada con accésit en diversos certames literarios de Lleida e co loureiro de ouro nos Xogos Florais de Zaragoza (1874).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Formouse en Santiago de Compostela e foi alcalde da Coruña. Publicou El primer almirante de Castilla (1868) e Viaje a Egipto, Palestina y otros países de Oriente (1882-1883).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Membro dunha familia de canteiros e carpinteiros, estudou na Escola de Artes de Oficios de Santiago de Compostela e foi alumno libre da Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Das súas obras destacan a fonte pública da praza de Alfredo Brañas en Cambados (1925), O guerreiro celta (1928) e San Ero de Armenteira (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Piragüista. Gañou a medalla de prata en K-1 500 m nos Campionatos do Mundo de Gainsville (2003), a medalla de bronce en K-1 500 m nos Campionatos de Europa de Poznan (2004) e participou nos Xogos Olímpicos de Atenas (2004). Recibiu a medalla de bronce da Real Orden del Mérito Deportivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político venezolano. Desde 1938 militou no Partido Democrático Nacional (PDN), que deu orixe a Acción Democrática en 1941. Foi presidente da República de Venezuela (1974-1979 e 1989-1993), nacionalizou a industria do petróleo e restableceu as relacións diplomáticas con Cuba. En 1996 foi procesado por un delito de malversacións e corrupción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, empresario e presidente do Real Madrid. É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidad Politécnica de Madrid, na que impartiu clase como profesor de Fundamentos físicos das técnicas. En 1979 comeza carreira política afiliándose a UCD e obtendo diversos postos no concello de Madrid e no Ministerio de Turismo, Transporte e Comunicacións. En 1993 é nomeado presidente de OCP Construcciones SA. No ano 1994 presentouse por primeira vez ás eleccións á Presidencia do Real Madrid, aínda que non o conseguiu ata xullo de 2000, cando derrotou Lorenzo Sanz e foi reelixido en 2004. Os seus obxectivos nesta etapa foron mellorar as instalacións do Santiago Bernabeu e aumentar os ingresos procedentes do estadio, converter ao Real Madrid nun dos clubes mais ricos do mundo e fichar estrelas como Figo, Zidane, Beckham, ou Ronaldo. Nesta época o equipo gañou as ligas do 2001 e 2003 e a Copa de Europa do 2002, entre outras. En febreiro do 2006 Pérez dimitiu do Real Madrid, que non gañaba...

    VER O DETALLE DO TERMO