Pérez Rodríguez, Florentino

Pérez Rodríguez, Florentino

Político, empresario e presidente do Real Madrid. É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidad Politécnica de Madrid, na que impartiu clase como profesor de Fundamentos físicos das técnicas. En 1979 comeza carreira política afiliándose a UCD e obtendo diversos postos no concello de Madrid e no Ministerio de Turismo, Transporte e Comunicacións. En 1993 é nomeado presidente de OCP Construcciones SA. No ano 1994 presentouse por primeira vez ás eleccións á Presidencia do Real Madrid, aínda que non o conseguiu ata xullo de 2000, cando derrotou Lorenzo Sanz e foi reelixido en 2004. Os seus obxectivos nesta etapa foron mellorar as instalacións do Santiago Bernabeu e aumentar os ingresos procedentes do estadio, converter ao Real Madrid nun dos clubes mais ricos do mundo e fichar estrelas como Figo, Zidane, Beckham, ou Ronaldo. Nesta época o equipo gañou as ligas do 2001 e 2003 e a Copa de Europa do 2002, entre outras. En febreiro do 2006 Pérez dimitiu do Real Madrid, que non gañaba un título dende a temporada 2002/03. En xuño de 2009 foi nomeado presidente de novo, anunciando a compra de Kaká e Cristiano Ronaldo.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid