"RAM" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1337.

  • Xénero de peixes da familia dos caránxidos ao que pertence o lirio oceánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. Románica do s XII, ten unha soa nave e unha ábsida rectangular. No testeiro atópase unha pequena ventá semicircular con columnas acobadeladas nas xambas. O arco triunfal é semicircular peraltado, elevado sobre semicolumnas pegadas. A nave ten unha cuberta de madeira a dúas augas mentres que a ábsida se cobre cunha bóveda de canón da mesma directriz que o arco triunfal. A portada principal e a sur están formadas por unha dobre arquivolta semicircular sostida por columnas acobadeladas nas xambas. A espadana é do s XVIII. A tradición conta que a igrexa se erixiu en lembranza dunha batalla librada no s IX entre Ramiro I e os normandos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e crítico. Licenciado en Filosofía e Letras, especializouse en artes gráficas. Empregou o pseudónimo de Alejandro Finisterre. Foi colaborador de radio, televisión e prensa de distintos países. Fundou a revista Paso a la juventud (1946); xunto co poeta Rafael Sánchez Ortega, foi redactor xefe do xornal bilingüe L’Espagne e director da empresa editorial Ecuador 0° 0’ 0, Revista de poesía universal, en México. Amais, foi o inventor do futbolín. Publicou os poemarios Cantos Quintos (1946), Cantos esclavos (1948), Cantos rodados (1950), Café, coñá y puro (1956) e Rial (1964), entre outros, o ensaio Con, sin, sobre, tras la poesía (1959) e a peza dramática Del amor y de la muerte (1961). Como autor de antoloxías poéticas hai que destacar a súa obra Poesía de Galicia contemporánea (1961), acompañada dun estudo preliminar. Tamén realizou os estudios Seis danzas catalanas (1947), Historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e de-señador. Director xerente da empresa téxtil Caramelo S A. Comezou a súa andaina profesional en 1969 na empresa que fundaran na Coruña o seu tío José Antonio Caramelo e Luis Gestal, e da que se fixo cargo á morte do primeiro. O seu estilo baséase na innovación e na forte personalidade dos seus deseños, modernos e cosmopolitas. A principios dos anos oitenta, a súa firma pasou a integrarse no sector da moda galega. Foi un dos promotores dos desfiles de Luada, celebrados en diversas cidades galegas, e participante, en representación de Caramelo, no Salón Gaudí de Barcelona, na Pasarela Cibeles de Madrid, e en numerosas mostras internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. Catedrático de Botánica en Montpellier (1808-1816) e de Historia Natural en Xenebra (1816), onde creou o xardín botánico. Publicou Théorie elémentaire de la Botanique (Teoría elemental da Botánica, 1813), onde divide as plantas non vasculares en foliosas (mofos e hepáticas) e apilas (fungos, liques e algas). Dirixiu Prodomus systematis naturalis regni vegetabilis (Precursor do sistema natural do reino vexetal, 1824-1873), realizada por 35 botánicos e obra clave da sistemática vexetal durante moitos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e economista. Estudiou na Escola de Comercio da Coruña, na Escuela Central Superior de Comercio de Madrid e na Universitat de Barcelona. Foi delegado do goberno na Bolsa libre de Barcelona, conselleiro do estado no Banco de España, director xeral de Banca e Bolsa e vicepresidente da delegación do goberno no Banco de Crédito Industrial. Publicou La intervención del Estado en la Bolsa libre e Historia menuda de un pueblo gallego. Exerceu tamén como membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o Premio Pérez Lugín da asociación da prensa da Coruña en 1950 e a Cruz do Mérito Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Lugo (1714-1717). Ingresou no convento carmelita de Valdemoro. Foi profesor de filosofía e teoloxía, prior de Onda e de València, provincial dos conventos de València, Aragón e Navarra, asistente xeral das provincias hispánicas e procurador e vicario xeral da orde. Elixírono representante do Reino de València para pedir a Carlos II a restitución do cargo de vicechanceler. Despois de ser bispo de Lugo, nomeárono bispo de Teruel, pero morreu antes de chegar á nova sé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae como armas, en campo de ouro, unha banda axadrezada de ouro e goles en dúas ordes. Pode aparecer tamén coa forma Caramillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [turco: Qarama

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas, en campo de ouro, unha árbore de sinople e un lobo de sable pasante ao pé do tronco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exclamación que manifesta dor, sorpresa ou anoxo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Capa de xeo que se forma nun líquido cando vai moito frío.

    2. Anaco de xeo de forma alongada e puntiaguda que se forma nas cornixas pola acumulación de pingas de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Froito acedo e comestible que dá a caramboleira. É unha baga dividida en cinco celas, de cor amarela verdosa, que ten unha sección transversal en forma de estrela. Caracterízase polo seu sabor agridoce que a fai ideal para macedonias e bebidas refrescantes. Tamén se emprega como aderezo.

    2. Xogada de billar que consiste en tocar coa bóla que se golpea as outras dúas bólas, ou a unha soa e esta, á súa vez, á terceira.

    3. Dobre efecto, conseguido por sorte e non por habilidade, que resulta dunha soa acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [Averrhoa carambola, Fam das oxalidáceas]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xogador de billar hábil que fai frecuentemente carambolas cando xoga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poboado tartésico situado preto de Sevilla, ocupado dende o s IX a C ata o s VII a C. Do nivel inferior (s IX a C), procede unha produción de cerámica local, con influencias orientais, de vasillas realizadas manualmente con decoración en retícula brunida e pintadas á man con decoración xeométrica (tipo Carambolo). A partir do s VIII a C, por consecuencia das relacións cos fenicios, impúxose a cerámica con torno. Do nivel superior (s VII a C), procede un conxunto de vinte e unha xoias de ouro (pectorais, brazaletes e plaquetas) de morfoloxía e técnica fenicia. Ese conxunto, coñecido como Tesouro do Carambolo, descubriuse en 1958 e está depositado no Museo Arqueológico de Sevilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista que xurdiu na comarca do Barbanza no outono de 1989 co subtítulo de “Voceiro de Xoves Culturais do Barbanza”. Dirixida e coordinada por Elixio Villaverde García, editaron o primeiro número o ano no que se lle dedicaba o Día das Letras Galegas a Celso Emilio Ferreiro. Incluía artigos, poemas e narracións de Moncho Ares, Concha Iglesias, Xosé Agrelo e Xosé Manuel Rivas, entre outros. Reproduciu amais, poesías de C. E. Ferreiro e de Ramón Martínez López, e algunhas cantigas populares da comarca.

    VER O DETALLE DO TERMO