carambola

carambola

(

  1. s f [BOT]

    Froito acedo e comestible que dá a caramboleira. É unha baga dividida en cinco celas, de cor amarela verdosa, que ten unha sección transversal en forma de estrela. Caracterízase polo seu sabor agridoce que a fai ideal para macedonias e bebidas refrescantes. Tamén se emprega como aderezo.

  2. s f [XOGO]

    Xogada de billar que consiste en tocar coa bóla que se golpea as outras dúas bólas, ou a unha soa e esta, á súa vez, á terceira.

    Ex: Na derradeira partida do campionato fixo unha serie de carambolas seguidas.

  3. s f

    Dobre efecto, conseguido por sorte e non por habilidade, que resulta dunha soa acción.

    Ex: Boa carambola fixo ó matar dúas perdices cun mesmo tiro.

Palabras veciñas

caramba! | carambelo | carambo | carambola | caramboleira | carambolista | Carambolo, El