"RCH" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 203.

  • orchataría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo. Doutor en Teoloxía, estudou hebreo, grego, arameo, sirio e árabe. Foi catedrático de Hebreo na Universitat de València (1788-1789) e, posteriormente, nos Estudios Reales de Madrid. Ideou a teoría fonética do triángulo vocálico ou orcheliano segundo a que a vibración do aire se efectúa na gorxa, no padal e nos beizos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das orquidáceas, que presentan dous tubérculos globosos na base, follas oblongas ou lineais e flores de cor amarela ou rosada dispostas en acios. O tamaño é variable, poden oscilar entre os 30 e 80 cm de altura, florecen entre os meses de abril e xullo e atópanse en prados. En Galicia están presentes as especies O. morio, O. coriophora, O. purpurea (en zonas próximas a León) e O. mascula (na zona L).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario e escritor, conde de Priegue. Fundou e foi xerente da distribuidora e produtora Los Films de El Búho SL e do Festival de Cine de Humor Ciudad de La Coruña. Foi membro da Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas e membro fundador e bibliotecario da Academia Gallega de Gastronomía. Das súas producións cinematográficas destacan Demonios en el jardín (1982), La mitad del cielo (1986) e Malaventura (1988). Publicou os libros Cocina Gallega (1998) e La cena de los videntes (2001, premio Fernando Arenas Quintela). Recibiu a Medalla Paul Harrys Fellow (Rotary Club).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Anaco de tea, papel, coiro ou doutro material que se coloca sobre algunha cousa para tapar un burato ou reparar unha parte rota.

      1. Emplasto adhesivo que se estende xeralmente sobre unha tea de algodón, de forma determinada segundo a parte do corpo onde se ten que aplicar, e que deixa todo arredor un espazo de 1 ou 2 cm sen cubrir. O parche adhesivo simple, en forma de tiras, é o esparadrapo.

      2. proba do parche

        Proba de sensibilidade en que se aplica un parche impregnado de antíxeno.

    2. Cousa superposta e que desentoa do resto.

    3. Cada unha das dúas pezas sobre as que se peta no tambor ou en calquera outro instrumento provisto de membrana.

    4. Solución provisional a un problema.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Reparar algo poñendo un parche.

    2. Aplicar medidas provisionais a algo sen solucionalo de maneira definitiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Xogo que se practica sobre un taboleiro en que os participantes fan avanzar unhas fichas, desde a saída, tantas casiñas como puntos logren con cada tirada do dado, e devolvendo á saída aquelas fichas contrarias coas que coincida nunha casiña. Gaña o xogador que primeiro chegue con todas as fichas á casa central.

    2. Taboleiro do xogo do parchís.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Soporte de metal, madeira ou doutro material, xeralmente triangular e cun gancho na parte superior, que se pendura dunha barra e que serve para colgar pezas de roupa.

    2. Moble ou utensilio de metal, madeira ou calquera outro material, cun ou varios ganchos, que se coloca pegado a unha parede ou que se apoia no chan cun pé e serve para colgar cousas, especialmente pezas de roupa.

      1. Pau ou estaca longo e delgado que serve para soster ou colgar algo.

      2. Soporte destinado a que se pousen nel as aves, consistente nun pau horizontal, xeralmente sostido por outro vertical co que forma unha cruz.

    3. Máquina que se emprega para cardar mecanicamente os tecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á ave pousada nunha póla, pau ou percha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza percherona.

    2. Cabalo ou egua de raza percherona.

    3. Raza cabalar de tiro, orixinaria da antiga provincia francesa de Perche, que se caracteriza pola súa corpulencia e presenta pelo gris ou negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Espazo cuberto que precede á entrada ou porta dunha casa.

    2. Galería cuberta, con columnas ou con arcadas, que teñen algúns edificios contiguos nas súas fachadas, diante das tendas e dos portais de entrada. Serve especialmente de corredor público para pasear e atópase, ás veces, en todo o percorrido dunha rúa, arredor dunha praza ou no contorno dun rueiro de casas. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución estadounidense de carácter privado creada en 1936 na Princeton University. Dedícase á investigación e ao ensino no campo da demografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Almería, Andalucía, situado no val de Almanzora (1.630 h [2001]). Na súa economía destacan os talleres de mármore e a artesanía de latón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SIGLAS

    Sigla de Chile na placa de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e naturalista francés. Iniciador da metalografía, estudou os metais e as aliaxes de ferro e ideou a escala de temperatura que leva o seu nome. Tamén estudou os insectos, os crustáceos e os peixes. Amosouse contrario á teoría da xeración espontánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título xeral da obra de Marcel Proust en que o autor realiza unha crónica da evolución da sociedade francesa desde a guerra de 1870 ata a Primeira Guerra Mundial. Considerada como a culminación da novela do s XIX e un dos puntos de partida fundamentais da do s XX, está composta polas novelas Du côté de chez Swann (1913), À l’ombre des jeunes filles en fleur (1918), Le côté de Guermantes (1920), Sodome et Gomorrhe (1922), La prisonnière (1923), Albertine desparue (1925) e Le temps retrouvé (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista francesa de arqueoloxía creada en 1844. Editada por Presses Universitaires de France, recolle todos aqueles temas relacionados coa arqueoloxía clásica, especialmente, co estudo da cerámica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras francés. Na catedral de Amiens, construíu a nave, o transepto sur e a fachada co rosetón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Figura de nota musical ou de pausa. O seu valor equivale a media corchea ou á decimosexta parte da redonda considerada como a unidade de duración.

    VER O DETALLE DO TERMO