percha
percha
(< fr perche < latpertĭca ‘vara’)
-
s
f
Soporte de metal, madeira ou doutro material, xeralmente triangular e cun gancho na parte superior, que se pendura dunha barra e que serve para colgar pezas de roupa.
-
s
f
Moble ou utensilio de metal, madeira ou calquera outro material, cun ou varios ganchos, que se coloca pegado a unha parede ou que se apoia no chan cun pé e serve para colgar cousas, especialmente pezas de roupa.
Sinónimos: colgadoiro. -
s
f
-
Pau ou estaca longo e delgado que serve para soster ou colgar algo.
-
Soporte destinado a que se pousen nel as aves, consistente nun pau horizontal, xeralmente sostido por outro vertical co que forma unha cruz.
-
-
s
f
[TÉXT]
Máquina que se emprega para cardar mecanicamente os tecidos.