"Rei" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 1485.

    1. Persoa que coida burros ou trata con eles.

    2. Persoa que ten ou guía burras e que lles vende o seu leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estreito do Atlántico do norte, entre as illas de Terranova e do Cabo Bretón, que comunica o golfo de San Lourenzo co Océano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. O topónimo remite ao latín caprarius, -a, -um ‘relativo ás cabras’ e xa se documenta baixo forma latina no s X: “villa Capraria” (doc ano 950-951 en J. Mª Andrade Cernadas O tombo de Celanova, 1995, p 147). Como apelido aparece xa nun documento do ano 1196: “Fernandus de Kabreira” (Emilio Duro Peña El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil, 1977, p 253). Hoxe en día adoita aparecer castelanizado Cabrera.

    2. Liñaxe antiga natural de Monforte de Lemos. Relacionado con esta caste está tamén o apelido Cabreiro. As súas armas levan, sobre campo de azul, unha cabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cabra.

    2. Persoa que pastorea cabras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verín baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Cabreiros (concello de Xermade). O seu cumio atópase a 532 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Corgo baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Xermade baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Navarra, á esquerda do río Ebro, ao S da súa confluencia co río Aragón (1.873 h [1996]). É un municipio fundamentalmente agrícola, destacando os cultivos de cereais e vide.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Ingresou en 1758 no convento de San Francisco, en Santiago de Compostela. Continuou coas obras da súa igrexa aplicando no segundo corpo da fachada as modificacións neoclásicas impostas en 1778 pola Real Academia de San Fernando. Realizou a cúpula do cruceiro en 1782, así como a torre das campás en 1787. Atribúeselle o desaparecido retablo de santo Antón, no antigo templo deste convento. En 1783 deseñou o novo trazado da rúa de Santa Clara de Santiago de Compostela e en 1790 a condución de augas da cidade, no tramo comprendido entre as rúas Espírito Santo e San Caetano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Doutorouse en Belas Artes cunha tese sobre o pintor Francisco Lozano Sanchís. Catedrático de Debuxo, exerce a docencia nun instituto vigués. Instalouse en Galicia tralo seu matrimonio coa pintora María Teresa López Prado, coa que realizou distintas obras que asinaron co pseudónimo Calabuig-Prado. Seleccionado nas bienais de Valdepeñas, Ponferrada, Blanco y Negro, Talavera e León, participou en numerosas mostras colectivas, entre elas, Dezasete pintores de Lugo (1987), levada a Bos Aires, II Mostra de Pintura do Colectivo de Profesores de Galicia (1990 e 1991), I Feira das Artes Plásticas de Vigo (1995), Homenaxe a Sevillano (1996) e nas Mostras Festas do Maestro (1997-2000). Participou nas exposicións benéficas de Mans Unidas, Cáritas e Cruz Vermella; celebrou exposicións individuais en Alcoy, Beniarrés, Madrid, Lugo, Pontevedra, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo, entre outras. Realizou críticas de arte a Juan Cidrás, Fino Lorenzo e Francisco Lareo. Entre as ilustracións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘alpargateira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘alpargatería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz e do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘zapateiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Caldas, situado na provincia de Pontevedra no O da comunidade autónoma, a 42° 36’ de latitude N e 8° 38’ 30’’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Valga, ao L cos de Moraña e Cuntis, ao S cos de Portas (todos eles da comarca de Caldas) e Vilanova de Arousa (O Salnés) e ao O cos de Catoira e Vilagarcía de Arousa, (O Salnés). Abrangue unha superficie de 68,2 km 2 cunha poboación de 9.796 h (2007), distribuídos nas parroquias de Arcos da Condesa, Bemil, Caldas de Reis (San Tomé e Santa María, e Santa María) Carracedo, Godos, Saiar, San Clemente de Cesar e Santo André de Cesar . capital é a vila de Caldas de Reis, na parroquia de San Tomé e Santa María de Caldas de Reis. Dista 38 km de Santiago de Compostela e 21 km de Pontevedra. Cabeza da comarca e de partido xudicial, está adscrito á arquidiocese de Santiago. A parroquia de Arcos da Condesa constitúe unha entidade local menor.
    Xeografía física
    O territorio municipal de Caldas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Caldas de Reis baixo a advocación de san Tomé e santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Caldas de Reis. Datada na segunda metade do s XII, ten unha soa nave e unha ábsida rectangular. O arco triunfal é semicircular e apóiase sobre semicolumnas acaroadas. A porta principal está formada por arquivoltas semicirculares que se sustentan sobre columnas acobadadas, o tímpano está decorado polo Agnus Dei. Presenta un conxunto de canzorros románicos. No atrio consérvanse o coroamento do antigo baldaquino pétreo de finais do s XV, realizado en estilo oxival e que consta de tres arcos conopiais xunto a outros lobulados. En 1974 atopouse no atrio unha fábrica de ladrillos e tégulas da época romana.

    VER O DETALLE DO TERMO