Cabreira

Cabreira
  1. [ONOM]

    Apelido de orixe toponímica. O topónimo remite ao latín caprarius, -a, -um ‘relativo ás cabras’ e xa se documenta baixo forma latina no s X: “villa Capraria” (doc ano 950-951 en J. Mª Andrade Cernadas O tombo de Celanova, 1995, p 147). Como apelido aparece xa nun documento do ano 1196: “Fernandus de Kabreira” (Emilio Duro Peña El Monasterio de San Esteban de Ribas de Sil, 1977, p 253). Hoxe en día adoita aparecer castelanizado Cabrera.

  2. [HIST/HERÁLD]

    Liñaxe antiga natural de Monforte de Lemos. Relacionado con esta caste está tamén o apelido Cabreiro. As súas armas levan, sobre campo de azul, unha cabra.

Palabras veciñas

cabrear | cabrego -ga | Cabreira | Cabreira | cabreiro -ra | Cabreiroá | Cabreiros