"Rel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 842.

  • Revista de orientación progresista e nacionalista que apareceu en abril de 1984 en Marín e que foi publicada polo Ateneo Santa Cecilia de Marín co subtitulo de “Revista de creación”. Trátase dunha edición en galego que contén abundantes textos en castelán e portugués. O contido da publicación é basicamente literario, aínda que tamén inclúe debuxos, fotografías e artigos dedicados á escultura. Nos diferentes números hai poemas de Alfonso Armada, García Bodaño, Alfonso Pexegueiro e Luís Rei Núñez. Xoaquín Agulla Pizcueta publicou no segundo número unha peza teatral titulada A caeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do antigo Imperio Ruso que se estende desde os lagos Ladoga (Lad ǒ skoje Ozero) e Onega (Onežskoje Ozero) ata o Mar Branco (Beloje More). Xeomorfoloxicamente, forma parte do escudo báltico e está constituída principalmente por granito e gneis, moi afectados pola glaciación. Os solos son pobres en humus, e o país está ocupado en gran parte por lagos e zonas pantanosas. Ten un clima continental extremo. Os principais núcleos de poboación son Petrozavodsk, Kondopoga, Segeža, Kem’ e Lieska. Trala desaparición da URSS quedou dividida entre Rusia (República de Carelia) e Finlandia (Pohjois-Karjalan). A Carelia occidental foi historicamente a parte máis civilizada e poboada do país. Pertenceu ao estado sueco-finlandés ata o Tratado de Nystad (1721), momento en que pasou a pertencer a Rusia. En 1809, ao caer Finlandia baixo o dominio ruso, a rexión adheriuse ao resto do territorio finlandés, unión que se mantivo ata que se recoñeceu a súa independencia en 1920. Pola contra, a Carelia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    [ruso: Karel’skaja R

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mesoprotozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Careliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cadeas montañosas formadas durante o Careliano ou o Mesoprotozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Carelia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo carelio.

    3. Pobo do grupo dos fineses orientais formado e desenvolvido en Carelia.

    4. Lingua ugrofinesa, do grupo baltofinés, que ten ao redor de 140.000 falantes que habitan na República de Carelia e nos territorios de Kalinin e Novgorod.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sobrado baixo a advocación de san Lourenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sobrado. Foi construída ao redor de 1220 en estilo románico. Ten unha nave e unha ábsida de planta rectangular á que se engadiu a sancristía. Da obra medieval consérvase só o testeiro, o muro norte da ábsida, e o arco triunfal dobrado e apuntado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (283-285). Derradeiro representante da dinastía dos ilirios, sucedeu o seu pai Caro no Imperio de Occidente, mentres o seu irmán Numeriano administraba o de Oriente. Trala morte do seu irmán (284), adoptou o título de Germanicus Maximus e, despois de derrotar preto de Verona o usurpador Marco Aurelio Xuliano, loitou contra Diocleciano, proclamado sucesor de Numeriano en Oriente e que non o recoñecía. Derrotouno nunha batalla á beira do río Marus (Mesia Superior), pero foi asasinado por un dos xefes do seu exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador romano (282-283). Coñecido como Persicus Maximus, foi proclamado emperador polo exército despois do asasinato de Probo. Asociou o goberno aos seus fillos Carino e Numeriano. Derrotou na Panonia o pobo xermánico dos cuados, pasou a Asia, venceu os sármatas, conquistou Mesopotamia e Seleucia e chegou a Ctesifonte. Sucedérono os seus fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Graduouse na Escola Superior de Comercio da Coruña. O seu interese pola lexicografía advírtese nos múltiples vocablos, sinónimos e frases feitas que recolleu nas marxes do Dicionario gallego-castellano de Marcial Valladares. Publicou a obra Macías o namorado (1901), tradución do estudo de Hugo Albert Rennert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Narrador, dramaturgo e director teatral. Fillo do insigne Uxío Carré Aldao, entrou desde cativo en contacto co galeguismo rexionalista que se reunía na librería do seu pai. Espectador na presentación da Escola Rexional de Declamación, promovida na Coruña en 1903 polo actor Eduardo Sánchez Miño e o dramaturgo Galo Salinas, traballou desde moi novo en La Artística. Entre os anos 1911 e 1913 viviu no Porto, onde se familiarizou coa cultura portuguesa. Escribiu en El Eco Español, España y Portugal e incorporouse desde 1916 ao recente movemento das Irmandades da Fala. No período 1916-1936 foi notable o seu labor como ensaísta, gramático e animador da vida teatral. Colaborou en numerosas publicacións (nalgunhas asinou como Ramón Alvariño) como A Nosa Terra, Nós, El Pueblo Gallego, Suevia, El Nororeste, Rexurdimento, Céltiga, Boletín da Real Academia, ás que hai que engadir despois da guerra Lar,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Etnógrafo e escritor. Realizou estudios de maxisterio en Madrid e, posteriormente, dedicouse a tarefas administrativas. No eido ensaístico publicou artigos sobre a historia de Galicia como “As relazóns protohistóricas entre Irlanda e Galiza” e “Unha representazón do deus innominado pre-román”, amais de obras sobre literatura e tradición popular en Galicia como Manuel Curros Enríquez. A súa vida e a súa obra (1953), Romanceiro popular galego de tradizón oral (1959) e Contos populares da Galiza. Na súa produción novelística destacan as pezas curtas O consentimento (1926) e Alevamento (1928), escritas baixo o pseudónimo de Luís G. Vicencio. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da sociedade alemá Marchen der Europaischen Volker.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e profesor mercantil. Exerceu a docencia na Escola Superior de Comercio da Coruña e colaborou na Universidade Popular da Coruña. Como poeta publicou no suplemento Terra a Nosa!, a escolma Da Raza (1919), e, posteriormente, Escolma de poesías (1954). No eido da dramaturxia publicou tres pezas dramáticas: Macías o Namorado (1921), Tentación (1921) e Desalento. Monólogo curto (1960). Postumamente, editáronse en 1993 as novelas Volverá e O milagre, o poemario Arela e A miña viaxe ás Grañas do Sor. Foi académico adxunto da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo e cirurxián francés. Licenciouse e doutorouse na Universidade de Lyon e, posteriormente, traballou na Universidade de Chicago (1905) e no Rockefeller Institute de Nova York (1906). Entre os seus traballos sobre fisiopatoloxía e cirurxía experimental, cómpre destacar os dedicados ás suturas e aos enxertos das arterias, ao cultivo de tecidos in vitro, realizados xunto con Montrose Thomas Burrows, ao transplante de órganos (1908) e á desinfección das feridas de guerra (método de Carrel-Dakin). É autor, entre outras obras, de L’homme, cet inconnu (O home, ese descoñecido, 1935). Foi galardoado co Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1912.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de feixes de cereais que se van dispoñendo de forma horizontal nun lugar.

    2. Grupo de froitos unidos a un mesmo talo, especialmente cando é de uvas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte posterior do corpo humano comprendida entre os ombros e a cintura.

    2. Parte posterior do corpo dos animais situada entre o pescozo e os cadrís.

    3. Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto das persoas e dos demais animais vertebrados.

    4. Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘corpo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Casa pequena e algo desfeita ou en ruínas.

    2. Aldea pequena onde as casas están construídas con materiais de baixa calidade e algunhas medio arruinadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘ovos’.

    VER O DETALLE DO TERMO