Carel
Carel
[PUBLIC]
Revista de orientación progresista e nacionalista que apareceu en abril de 1984 en Marín e que foi publicada polo Ateneo Santa Cecilia de Marín co subtitulo de “Revista de creación”. Trátase dunha edición en galego que contén abundantes textos en castelán e portugués. O contido da publicación é basicamente literario, aínda que tamén inclúe debuxos, fotografías e artigos dedicados á escultura. Nos diferentes números hai poemas de Alfonso Armada, García Bodaño, Alfonso Pexegueiro e Luís Rei Núñez. Xoaquín Agulla Pizcueta publicou no segundo número unha peza teatral titulada A caeira.