"Rey" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 205.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e físico irlandés. Achegou conclusións decisivas sobre o comportamento dos líquidos nos tubos segundo a súa velocidade (número de Reynolds). Estudou tamén a lubrificación, as turbinas e as bombas centrífugas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Tamaulipas, México, situada na chaira costeira do golfo de México e preto da fronteira con EE UU (420.463 h [2000]). Ten refinaría de petróleo e industria petroquímica e un gasoduto que leva o gas natural a EE UU e a Monterrey; ademais de industrias do algodón, destilarías, material de construción e explotacións gandeiras de bovino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador inglés da literatura. Logo de formarse no King’s College de Londres, en 1953 realizou unha tese de doutoramento sobre Bécquer. Profesor en diversas universidades británicas, especializouse en B. Pérez Galdós e publicou, entre outras obras, Niebla y soledad: aspectos de Unamuno y Machado (1971), History and Fition in Galdós’s Narratives (1993) e Conflits and conciliations: the evolution of Galdós’s Fortuna y Jacinta (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor australiano. Formado en Londres e París, interpretou e dirixiu as súas propias montaxes. No cine, onde destacou, interpretou filmes como Starstruck (1981), Twelfth Night (1985), Shine (1995), pola que obtivo o Oscar ao mellor actor en 1997; Shakespeare in love (1998), Quills (2000), Pirates of the Caribbean (2003), The life and death of Peter Sellers (2004) e Candy (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e escritor. Director de La Gaceta del Crimen (1889) e La Federación Ibérica (1904), foi autor de La emigración en Galicia y Asturias (1881) e La pena de muerte. Histórica, jurídica y filosoficamente considerada. Su abolición (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Asturias (20.247 h [2001]). É un destacado centro mineiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao O do Jarama e ao N da cidade Madrid (61.884 h [2001]). É un centro de veraneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, regado polo río Órbigo (2.517 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte e médico portugués. Iniciou técnicas de cirurxía vascular. Foi un estudoso da arte portuguesa e dirixiu as Academias de Ciencias e de Belas Artes de Lisboa. Publicou Arte portugués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e lexicógrafo. Doutor en Filoloxía Románica e catedrático de instituto, ingresou como académico numerario da Real Academia Española en 1980. Director (1981-1993) do Seminario de Lexicografía asumiu a dirección do Dicionario histórico de la lengua española en substitución de R. Lapesa. Das súas obras destacan Metodología de lengua y literatura españolas en el bachillerato (1961), Dicionario de dudas y dificultades de la lengua española (1961), Arniches y el habla de Madrid (1970, Premio Rivadeneira da Real Academia Española), Gramática esencial del español (1972), Dicionario breve de dudas de la lengua española (1979), Las palabras en el tiempo: los dicionarios históricos (1980), Estudios de lexicografía española (1987) e Dicionario del español actual (1999). Recibiu o Premio de Cultura de la Comunidad de Madrid (1999) e a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Coñecida como Anouk Aimée, traballou en La Dolce Vita (1959) e 8 1/2 (1962) de Fellini; Un homme et une femme (1966) de C. Lelouch; Prêt à porter (1985) de R. Altman, e De particulier à particulier (2005) de B. Cauvin, así como en diversas producións para televisión, como Napoléon (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Trasladouse a Francia e Alemaña para coñecer os novos métodos e procedementos de ensino. Foi inspector de ensino primario en Ávila, e reflectiu as súas experiencias no estranxeiro nos artigos publicados en Faro de Vigo e no seu libro Por la Europa pedagógica (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e dramaturgo inglés. Das súas obras destacan as novelas This Sporting Life (1960) e Saville (Premio Booker, 1976), as obras teatrais Home (1971) e The Restoration of Arnold Middleton (1967) e Poems 1951-1991 (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Inglaterra, Reino Unido (1.677 km2; 1.059.015 h [2001]). A súa capital é Kingston upon Thames.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de maio de 1919. Cesou en xullo de 1920 (nº24). Subtitulada “Revista quincenal de cultura galaica. Arte-Literatura-Historia-Sociología”, e dirixida por Armando Cotarelo Valledor, contou con destacadas colaboracións literarias. Promoveu distintos aspectos da cultura galega, fuxindo de cuestións políticas, e manifestou proximidade coas ideas rexionalistas, partidarias dun uso folclórico do galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupación cultural e galeguista fundada por Álvaro de Las Casas Blanco en febreiro de 1932 xunto con outros galeguistas, como Fermín Bouza-Brey. A través de viaxes culturais, promovía o estudo e coñecemento dos costumes e do folclore galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Doutorado na California University, traballou no Instituto de Física Teórica de Copenhaguen con Niels Bohr. Estudou o sistema solar e, sobre todo, os isótopos e a estrutura atómica. Descubriu o deuterio e a auga pesada, polo que recibiu o Premio Nobel de Química (1934). Traballou tamén na preparación da bomba atómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na costa O da illa de La Gomera (4.239 h [2001]). A súa economía baséase no cultivo de plátanos, a pesca e o turismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi alcalde de Carballo desde 1991 e deputado pola Coruña no Parlamento de Galicia polo Partido Popular. Formou parte da Comisión de Goberno da Deputación Provincial da Coruña, foi vicepresidente da Comisión de Educación e Cultura e vogal das comisións de Política Territorial, Obras Públicas e Medio Ambiente.

    VER O DETALLE DO TERMO