Reynosa

Reynosa

Cidade do estado de Tamaulipas, México, situada na chaira costeira do golfo de México e preto da fronteira con EE UU (420.463 h [2000]). Ten refinaría de petróleo e industria petroquímica e un gasoduto que leva o gas natural a EE UU e a Monterrey; ademais de industrias do algodón, destilarías, material de construción e explotacións gandeiras de bovino.