"SF" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 419.
-
VER O DETALLE DO TERMO
esfiar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sacar os fíos dunha tea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘pulso’.
-
-
Relativo ou pertencente ao pulso.
-
Aplícase ao período da sístole ventricular durante o que o sangue se envía ás arterias.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
esfigm(o)-.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento para rexistrar automaticamente a forma e a forza do pulso arterial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gráfico do pulso arterial obtido co esfigmógrafo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello composto esencialmente dun manómetro de aire ou de columna de mercurio, destinado a medir a presión arterial. O fundamento do método consiste en equilibrar cunha presión de valor coñecido a presión sanguínea da arteria explorada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘estreitar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos lípidos complexos que derivan da esfingosina. A súa hidrólise produce a liberación dunha molécula de esfingosina ou ben un derivado seu, ademais dun ácido graxo, un ácido fosfórico e un alcohol. Pertencen a este grupo as esfingomielinas e os glicolípidos (cerebrósidos e gangliósidos). Os esfingolípidos aparecen nas membranas celulares dos animais e das plantas, nos depósitos graxos e, en gran cantidade, nos tecidos nerviosos. Certas enfermidades conxénitas poden estar caracterizadas bioquimicamente pola acumulación de determinados esfingolípidos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico dun grupo de enfermidades que se caracterizan por un transtorno conxénito do metabolismo dos esfingolípidos. Inclúese nesta denominación as enfermidades como a de Fabry, de Tay-Sachs, de Gaucher e de Niemann-Pick. Mediante o exame do líquido amniótico (amniocentese), pódense detectar estes procesos durante a xestación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos esfingolípidos que constitúen un dos principais compoñentes das vaíñas de mielina do tecido nervioso. Fórmanse por esterificación dunha ceramida con fosforilcolina. Por hidrólise liberan unha molécula de ácido fosfórico, esfingosina ou un derivado seu, colina e un ácido graxo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina, serosa, que é un aminodialcohol insaturado. Prodúcese na hidrólise dos esfingolípidos. A acilación do seu grupo -NH2 con ácidos graxos de cadea longa orixina a ceramida. É un dos constituíntes dos compoñentes das membranas biolóxicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Músculo en forma de anel que está arredor do orificio de entrada ou de saída de certas cavidades naturais e que, cando se contrae, as pecha.
-
-
-
Figura fabulosa con cara humana, busto de muller, garras de león, ás de aguia, corpo de león ou de can, e cola de león ou de dragón. Tanto a idea da esfinxe como a súa representación plástica naceron no Exipto faraónico. O exemplo máis antigo é a Grande Esfinxe de Gizeh, esculpida en época de Kefrén. Aínda que sen as súas proporcións xigantescas, cómpre destacar os dromos ou avenidas de esfinxes de Karnak e as localizadas en Nubia e Siria. Na época grecorromana apareceu un tipo de esfinxe alada. A popularidade que acadou este monstro na civilización grega fixo que se vinculase coa lenda de Edipo e co ciclo tebano; o heroe foi o único que conseguiu resolver o enigma que a Esfinxe lle formulaba os viaxeiros, feito que lle deu acceso ao trono de Tebas.
-
Figura fabulosa que se representa con cabeza e peito de muller e corpo e gadoupas de león.
-
-
Nome de diversos lepidópteros da familia dos esfínxidos, de corpo fusiforme e de ás longas e estreitas. Son de vida crepuscular e o seu voo vai acompañado dun ruído xordo por mor do seu rápido movemento de ás. O nome de esfinxe débese ao feito de que as larvas, tanto en estado defensivo coma de repouso, erguen a cabeza, o tórax e unha parte do abdome, de forma que adquiren o suposto aspecto das esfinxes exipcias. Moitos destes insectos son prexudiciais para os cultivos xa que as súas larvas son fitófagas.
-
Persoa de carácter enigmático e inescrutable que non deixa adiviñar o seu pensamento.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos esfínxidos.
-
Insecto da familia dos esfínxidos.
-
Familia de insectos da orde dos lepidópteros, de dimensións grandes ou medias, coas ás interiores estreitas, alongadas e case triangulares, e as posteriores pequenas e máis redondeadas. Son xeralmente nocturnas e crepusculares, aínda que tamén os hai diúrnos. Nesta familia inclúense unhas 1.000 especies, localizadas nos países temperados ou cálidos.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos esfirénidos.
-
Peixe da familia dos esfirénidos.
-
Peixes de corpo alongado e delgado, de grandes dimensións (algunhas especies poden acadar máis de 2 m de lonxitude) e de cor agrisada, coas dúas aletas dorsais moi separadas e a aleta caudal fendida. Viven en pequenos grupos preto das costas, nos mares tropicais e temperados. Son carnívoras e moi voraces. Algunhas especies tropicais de maior tamaño poden chegar a atacar a especie humana. Reciben a denominación popular de barracuda.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos esfírnidos.
-
Peixe da familia dos esfírnidos.
-
Familia de peixes, clase dos condritios, á que pertencen os peixes martelo.
-
-
-
Facer unha ferida no nariz ou nos fociños.
-
Ferirse no nariz ou nos fociños ao caer de bruzos ou tropezar contra algo.
-
-
-
Facer de ventre en abundancia e con moito ruído.
-
Facer de ventre ou mexarse por si.
-
Desfacerse ou deformarse algo.
-