esfirénido -da
esfirénido -da
-
adx
Relativo ou pertencente aos esfirénidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos esfirénidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Peixes de corpo alongado e delgado, de grandes dimensións (algunhas especies poden acadar máis de 2 m de lonxitude) e de cor agrisada, coas dúas aletas dorsais moi separadas e a aleta caudal fendida. Viven en pequenos grupos preto das costas, nos mares tropicais e temperados. Son carnívoras e moi voraces. Algunhas especies tropicais de maior tamaño poden chegar a atacar a especie humana. Reciben a denominación popular de barracuda.