esfirénido -da

esfirénido -da
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos esfirénidos.

  2. s m [ANIMAL/ICT]

    Peixe da familia dos esfirénidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ICT]

    Peixes de corpo alongado e delgado, de grandes dimensións (algunhas especies poden acadar máis de 2 m de lonxitude) e de cor agrisada, coas dúas aletas dorsais moi separadas e a aleta caudal fendida. Viven en pequenos grupos preto das costas, nos mares tropicais e temperados. Son carnívoras e moi voraces. Algunhas especies tropicais de maior tamaño poden chegar a atacar a especie humana. Reciben a denominación popular de barracuda.

Palabras veciñas

esfínter | esfinxe | esfínxido -da | esfirénido -da | esfírnido -da | esfociñar | esfoirar