esfínxido -da
esfínxido -da
(< esfinxe)
-
adx
Relativo ou pertencente aos esfínxidos.
-
s
m
[ANIMAL/ENTOM]
Insecto da familia dos esfínxidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ENTOM]
Familia de insectos da orde dos lepidópteros, de dimensións grandes ou medias, coas ás interiores estreitas, alongadas e case triangulares, e as posteriores pequenas e máis redondeadas. Son xeralmente nocturnas e crepusculares, aínda que tamén os hai diúrnos. Nesta familia inclúense unhas 1.000 especies, localizadas nos países temperados ou cálidos.