"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Presencia de acetona na urina como consecuencia da acetonemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dos ésteres mixtos da celulosa preparados a partir dos anhídridos acético e propiónico. As súas propiedades son moi semellantes ás do acetobutirato de celulosa. A principal aplicación dos acetopropionatos é a elaboración de vernices e pinturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor de Teoloxía na Orde dos Agostiños de Salamanca, onde ingresara moi novo. Atribúeselle a autoría de numerosas obras e tense constancia da publicación da obra Catecismo de los misterios de la fe, con la exposición del símbolo de los santos Apóstoles e a tradución, xunto con Sáa de Miranda, dos Sermones de Francisco Fernández Galván.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Levantamento militar acontecido na Coruña o 21 de febreiro do 1820, no que se proclamou a Constitución do 1812 en apoio do Xeneral Riego protagonizado, entre outros, por Félix Álvarez Acevedo. O levantamento estaba debidamente preparado, ao participar na conxura, ademais de militares, burgueses, artesáns e mesmo as clases populares. Dende Cádiz, vía Gibraltar, chegaron á Coruña partes de aviso e proclamas que se espallaron e se distribuíron polos cuarteis. O pronunciamento principiou ao aproveitar a chegada e toma de posesión do novo Capitán Xeneral, marqués de Reunión, a quen se arrestou xunto aos xefes militares e ás autoridades absolutistas. Os sublevados fixéronse cargo do mando dos distintos rexementos e, xa que logo, a cidade quedou enteiramente nas mans dos liberais. No mesmo día vinteún, constituíuse na Coruña unha Xunta Superior de Goberno con plenitude de poderes para gobernar o Reino de Galicia. A súa composición respostaba a un plano perfectamente estudiado, segundo o cal nela...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xigante ao que se lle atribúe a capacidade de rebaixar a altura das montañas ao avanzar arrastrando o cu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de tornar plano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de achegar ou achegarse.

    2. Feito de reducirse a distancia dunha persoa ou cousa con respecto a outra.

    3. aproximación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que non ten mobilidade.

    2. Célula de resistencia das cianobacterias caracterizada pola acumulación de produtos de reserva, aumento de tamaño e engrosamento da parede celular. Aparece baixo condicións exteriores adversas, podendo xerminar cando estas cambian.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cocobacilos gramnegativos, aerobios e oxidasa negativos responsables de infeccións graves como a meninxite, a septicemia e diversos procesos supurativos en pacientes afectados de trastornos internos graves.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espora desprovista de flaxelos que atravesa un período de repouso antes de xerminar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián venerado xuntamente coa súa suposta irmá Victoria, coa que morreu decapitado. Unha parte das súas reliquias venéranse en Breda. A tradición galega faino irmán dos sete irmáns galaicos de santa Eufemia. Acisclo, un dos santos máis antigos no culto hispánico, é titular das parroquias de Gullade (Monforte de Lemos) e Valadouro (Foz). A súa festa celébrase o 17 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa francesa. De pensamento ateo e pesimista, expresado, entre outras escolmas, en Premières poésies (Primeiras poesías, 1845), que segundo a crítica foi o seu mellor poemario, Poésies philosophiques (Poesías filosóficas, 1872) e Pensées d’un solitaire (Pensamentos dun solitario, 1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que expresa aprobación por aclamación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que clarifica, informa ou explica sobre algo que é dubidoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reforzamento con outros tecidos para que algo resulte máis brando.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Ministro da Igrexa que recibiu o ministerio do acolitado e serve o altar.

      2. Persoa que serve o altar, aínda sen estar ordenada.

    1. Persoa que apoia indiscutiblemente a outra, xeralmente máis poderosa. OBS: Tende a usarse con sentido pexorativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de acoller.

    2. Institución de protección de menores desamparados na que a acollida pode ser simple ou preadoptiva. O acollemento simple é instituído por situacións de abandono nas que sexa posible o reintegro futuro na familia de orixe, mentres que o acollemento preadoptivo é un paso previo a un período de proba para a adopción. Considérase que o menor está desamparado cando faltan as persoas ás que por lei lles corresponde exercer as funcións de garda ou cando estas están imposibilitadas para exercelas ou en situación de facelo con perigo para o menor. A asunción das funcións de titoría implica a suspensión da patria potestade ou da tutela ordinaria durante o tempo de aplicación da medida.

    VER O DETALLE DO TERMO