"Vic" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 942.

  • GALICIA

    Xornalista. Exerceu o seu labor profesional en El Buscapié, do que ademais foi redactor cando menos ata 1881. Dirixiu posteriormente El Eco de Galicia (1882-1898), onde contou coas colaboracións de Lorenzo Gómez Quintero e Ramón Iglesias Camino, ata que foi substituído por Emilio Tapia. Ao rematar este período emigrou a México.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos animais que teñen os cornos baleiros, como os bóvidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático ruso. Destacou polas súas investigacións sobre a teoría dos números, o cálculo de probabilidades e algúns temas da análise (teoría das integrais, formas cuadráticas, etc). Elaborou a teoría das series de polinomios que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Narrador e dramaturgo ruso. Iniciou os seus estudios na escola grega da súa cidade e despois na escola media profesional. O seu pai arruinouse e tivo que trasladarse a Moscova, mentres el e o seu irmán Iván quedaban en Taganrog. En 1879 trasladouse a Moscova para ingresar na facultade de Medicina. Dous anos máis tarde comezou a publicar os seus contos nos xornais de San Petersburgo e co volume P’ostrye Rasskazy (Contos de todas as cores, 1886) acadou o seu primeiro éxito. É un dos máis xenuínos representantes do realismo psicolóxico, unha tendencia coa que iniciou as súas colaboracións co Teatro de Arte de Moscova, dirixido por Konstantin Stanislavski. Creou un teatro “de estados de ánimo”, renunciou á acción dramática propiamente dita e dedicouse á pintura de atmosferas. Os seus personaxes viven pasivamente ou con angustia a decadencia da Rusia tsarista e plasma a vida diaria da clase media rusa no período anterior á revolución, ao tempo que constitúe un exemplo de construción...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico ruso. Discípulo de S. I. Vavilov, en 1934 descubriu e estudiou exhaustivamente o efecto que leva o seu nome, a radiación de Čerenkov. Por este motivo recibiu, xuntamente con I. E. Tamm e I. M. Frank, o Premio Nobel de Física de 1958. No 1946 xa recibira, cos mesmos investigadores, o Premio Stalin polos seus traballos de radiación electrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Especializado en papeis biográficos, interpretou P’otr Pervij (Pedro o Grande, 1937-1938), de Vladimir Petrov; Alexandr Nevskij (1938) e Ivan Groznij (Iván o Terrible, 1943-1945), de S.M. Eisenstein; e Don Quixote (1956), de Grigorij Kozincev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político soviético. De orixe campesiña, incorporouse ao PCUS en 1931 e chegou a ser funcionario do partido. Foi xefe de propaganda na República de Moldavia (1948-1956), membro do Comité Central (1971) e do Politburó (1977). En 1982 converteuse en secretario deste Comité ao ser elixido sucesor de Brežnev, pero tivo que esperar a que transcorrese o breve mandato de Jurij Andropov para chegar a secretario xeral do PCUS en febreiro de 1984. Tamén foi presidente do Soviet Supremo e máximo dirixente da URSS (1984-1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e publicista ruso. Estudiou na Universidade de Moscova e en 1854 incorporouse á redacción da revista Sovremennik. Combateu as reformas políticas de Alexandre II e interveu na fundación da organización democrática Zeml’a i Vol’a (Terra e liberdade). En 1862 condenárono a presidio e durante o encarceramento escribiu Čto delat’? (Que cómpre facer?, 1863), novela na que expón o seu ideario político-social, de corte populista. Despois dunha curta etapa en liberdade, deportárono a Siberia (1864-1883) e a Astrakhan (1883-1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político ruso. Logo de afiliarse ao PCUS en 1961, foi administrador industrial da cidade de Orsk (1967-1973) e director da planta de gas natural en Orenburg (1973-1978). En 1978 ingresou na sección de industria pesada do Comité Central do PCUS, e en 1985 foi nomeado ministro da Industria do Gas nun goberno de Gorbačov. En 1989 transformou o ministerio na corporación estatal Gazprom, que dirixiu durante o proceso de disolución da URSS e a creación da Federación Rusa (1991). En xuño de 1992 foi nomeado ministro de Gasóleo e Enerxía nun goberno presidido por Yegor T. Gaidar e, en decembro de 1992, Boris Yeltsin promoveuno a primeiro ministro de Rusia. O seu goberno favoreceu a privatización das empresas estatais da época soviética e aprobou numerosas reformas económicas tendentes a instaurar o libre mercado. Malia a forte oposición que tivo en numerosos sectores da Duma, Boris Yeltsin confirmouno no seu cargo tralas eleccións presidenciais de 1996. Como consecuencia do confito...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que intervén na formación de palabras co significado de ‘colo’, ‘cerviz’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao pescozo, ao colo uterino ou ao colo vesical.

    2. Cada un dos dous nervios dos oito primeiros pares de nervios espiñais que a cada lado da columna vertebral atravesan os buratos de conxunción das vértebras cervicais.

    3. Cada unha das sete primeiras vértebras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cervic (i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Inflamación do colo uterino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • cervic (i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Artrose localizada nas vértebras cervicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do kraj de Bohemia Meridional, Bohemia, na República Checa, situada á beira do río Vltava (99.708 h [1996]). A base da economía é a industria. Ademais é unha importante rexión agropecuaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boiro. Construíuse en estilo románico a finais do s XII pero reedificouse en 1691, segundo unha inscrición que percorre as arquivoltas e o tímpano da porta principal. A capela é de forma rectangular, cuberta cunha bóveda de canón que descansa sobre dous arcos de medio punto. Os capiteis son de tipo vexetal, algúns inspirados en modelos derivados das obras da catedral de Santiago de Compostela e outros con factura menos elaborada. No beiril do tellado consérvanse varios canzorros decorados, algúns con figuras humanas, como o que representa a un personaxe que sostén un barril sobre as súas pernas. A porta occidental, de orixe románica, presenta catro pares de columnas. O tímpano está decorado cunha aspa encerrada nun círculo que semella unha corda e ao seu carón sitúanse dúas pequenas flores. En 1894 construíuse a torre, formada polo corpo das campás e rematada nunha lanterna poligonal. No interior consérvase un baldaquino do s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito francés. Foi catedrático de Literatura Comparada no Collège de France. Da súa produción destaca a obra Études de la littérature comparée (Estudios da literatura comparada, 1846-1875).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cortar algo a rentes, principalmente as raíces dos tubérculos ou as pólas das árbores.

    VER O DETALLE DO TERMO