"Ya" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 670.

  • Mu ḥ āfaa de Iraq (17.685 km2; 1.037.600 h [estim 1991]). A capital é Ba’qūbah (114.516 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, Anatolia Oriental, Turquía, situada á beira do río Tigris (464.479 h [1996]). É un importante centro comercial e núcleo industrial. Os principais produtos cos que comercia son ouro, prata, artigos de pel e produtos téxtiles. Na agricultura destacan os cultivos de algodón, tabaco e froitas. Nos arredores da cidade hai importantes xacementos de cobre e carbón. Foi sé do patriarcado católico caldeo, denominado posteriormente Babilonia dos Caldeos. Do seu patrimonio cultural destacan a muralla que rodea a parte vella da cidade e a mesquita Ulu Camii.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Turquía, na Anatolia Oriental (14.908 km2; 1.086.300 h [1990]). A capital é Diyarbakir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Estudiou no Grange School, no Instituto Pedagógico da Universidad de Chile e literatura na Universidade de Princeton. Obtivo a bolsa Guggenheim e foi conferenciante e profesor visitante, sobre todo en universidades dos EE UU. Despois dunha época na que residiu en España, regresou ao seu país e dirixiu un taller literario de grande importancia para o desenvolvemento da nova narrativa chilena. Colaborador nas revistas Ercilla, Siempre e no periódico El País, da súa produción narrativa destacan Veraneo y otros cuentos (1955), Dos cuentos (1956), Coronación (1957), El charlestón (1960), Este domingo (1966), El lugar sin límites (1967), El obsceno pájaro de la noche (1970), Tres novelitas burguesas (1973), Casa de campo (1978), La misteriosa desaparición de la marquesita de Loria (1980), El jardín de al lado (1981), La desesperanza (1986), Donde van a morir los elefantes (1995), Conjeturas sobre la memoria de mi...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da clase dos agnatos, de ata 15 cm de lonxitude, propios de principios do Devónico. Os xacementos máis importantes están en América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do mu ḥ āfaa homónimo de Exipto (89.498 h [1986]). Está situada no brazo oriental o delta do Nilo, a uns 10 km da desembocadura. É un próspero porto comercial e pesqueiro, ao redor do cal se desenvolveu un núcleo industrial. Correspóndese coa antiga Damiata, conquistada polos árabes no 638. Os bizantinos e os cruzados ocupárona entre 1219 e 1221 e en 1249. Destruída polos mamelucos, foi reconstruída en 1251.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mu ḥ āfaa de Exipto, no delta do Nilo (589 km2; 913.600 h [1996]). A capital é Dumyāt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formado na Escola de Llotja e con E. Arnau, instalouse en París (1905-1927), onde expuxo na Societé Nationale des Beaux Arts e no Salon d’Automne. Traballou para a Exposición Internacional de 1929. Destacan, entre outros, os retratos de Josep Pla, Pompeu Fabra e Xavier Nogués.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida na vila coruñesa de Noia en febreiro de 1898. Imprimiuse nos obradoiros de Tipografía Galaica, en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira academia francesa de música que absorbeu o Conservatorio en 1795. Tiña a función de fornecer de cantantes a ópera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político catalán fundado na Conferencia d’Esquerres en marzo de 1931 pola unión do Partit Republicà Català, o grupo de L’Opinió e Estat Catalá. Os seus principios políticos eran o recoñecemento da personalidade nacional de Catalunya e dos dereitos do home e do cidadán, a federación cos outros pobos ibéricos e a socialización da riqueza. Inicialmente, o comité executivo estivo formado, entre outros, por Francesc Macià e Luís Companys, nomeado presidente da Generalitat en xaneiro de 1934. O éxito electoral de abril de 1931 e a proclamación da República déronlle a hexemonía política en Catalunya. Constituíu diversos gobernos durante a República e a Guerra Civil, trala que a maioría dos seus líderes tiveron que exiliarse. ERC configurouse dende 1976 baixo a dirección de Heribert Barrera como unha alternativa de centro-esquerda e obtivo 2 parlamentarios nas eleccións lexislativas de 1977, 3 nas de 1979 e 3 nas de 1982. En 1987 Barrera foi substituído na secretaría xeral por Joan Hortalà;...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei orgánica que lle outorgou o réxime de autonomía á comunidade catalana. No s XX redactáronse en Catalunya tres proxectos de estatuto de autonomía, dos que entraron en vigor dous, o de 1932 e o de 1979, que representaban a consecución dos ideais nacionalistas desenvolvidos desde principios de século. A primeira redacción correspondeu ao proxecto de Estatuto de Autonomía de 1919, aprobado polos deputados da Mancomunidade de Catalunya e os parlamentarios cataláns reunidos en asemblea constituínte o 25 de xaneiro de 1918. O estatuto prevía un goberno autónomo integrado por un Parlamento, un poder executivo e un gobernador xeral. Malia que non chegou ao Congreso a causa da oposición do goberno español, constituíu un valioso precedente do Estatuto de Nuria (1931), que entrou en vigor como Estatuto de Catalunya de 1932, tras ser aprobado polo Parlamento español o 15 de setembro. O texto propugnaba unha estrutura federal para España, a creación dun goberno común para os Països Catalans e o recoñecemento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter relixioso aparecida en Santiago de Compostela en 1945. Foi o voceiro diocesano de Acción Católica e tiña unha periodicidade quincenal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Viaxeiro turco, fillo dun ourive da corte. Estudiou na madrasa antes de entrar ao servizo do Sultán Murad IV. En 1635 comezou a viaxar por Istambul e a súa rexión para despois visitar diversas cidades de Oriente Medio e os Balcáns, e en 1680 peregrinou á Meca. Durante as súas viaxes escribiu unha serie de cadernos, publicados co título de Seyhatname (Relatos de viaxes, 1896-1928), nos que recollía as súas impresións sobre os costumes, edificacións, tradicións, gastronomía e cultura dos pobos que visitaba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ila do departamento de Dordogne, Francia (858 h [1982]). Destaca polos xacementos e as covas prehistóricas que se localizaron desde que en 1862 Edouard Lartet comezou as escavacións. Destacan, entre outros xacementos, os de Moustier, Cro-Magnon, La Mouthe, Laugerie-Basse e La Madeleine. É sede dende 1923 do Musée Nationale de la Préhistoire.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista inglés. Autor de The chronicle of Fabian: whiche he nameth the concordaunce of histories, newly perused. And continued from the beginnyng of Kyng Henry the Seuenth, to thende of Queene Mary (1516), onde relatou en prosa a historia de Inglaterra desde a chegada dos romanos ata os reinados de Enrique VII e María I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Realizou o pintado e dourado do baldaquino do altar maior do mosteiro de Santa María de Oseira (1690).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Afganistán (22.279 km2; 610.000 h [1982]). A capital é Meymaneh (40.200 h [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comerciante e político. Socio fundador e administrador da Compañía Nueva de Xibraltar (1709), destinada a converter esta praza no novo porto comercial coas Indias, en substitución do de Cádiz. Partidario do arquiduque Carlos de Austria, loitou contras as forzas francoespañolas na Guerra de Sucesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecta. Doutora en Arquitectura e profesora de xardinería e paisaxe na Escola Superior de Arquitectura na Universidade da Coruña. Foi arquitecta do Patrimonio Artístico Nacional e visitadora de proxectos do COAG. Realizou distintos proxectos en colaboración con José González-Cebrián Tello.

    VER O DETALLE DO TERMO