"cali" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 236.

    1. Acción de focalizar.

    2. Acción que consiste en concentrar un feixe de partículas ao redor dunha traxectoria ideal. Se as partículas están cargadas, acádase por medio de campos electromagnéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer converxer unha radiación, un feixe luminoso, etc, nun punto que se denomina foco.

    2. Concentrar a atención nun aspecto determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Festividade móbil romana que se celebraba no mes de febreiro, antes do día 17, en honor de Fornax, deusa dos fornos. Tiña como obxectivo a purificación dos campos e a consagración dos seus lindes. Existía unha celebración pública, na que participaban as 30 curias, que consistía nun sacrificio no nome do pobo romano. As festas constaban dun sacrificio diante do forno acompañado dun banquete no que a escanda era o elemento principal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, situado no sector meridional da illa da Palma (1.735 h [1996]). Do seu patrimonio cultural destacan os gravados rupestres do roque de Teneguía e a igrexa neoclásica de San Antonio Abad.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de gramatical.

    2. Disposición biolóxica do home para aprender unha lingua.

    3. Grao de diverxencia dun texto da norma lingüística, fundamental na competencia lingüística do falante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subordinación esaxerada ás regras da gramática.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que unha palabra ou expresión se converte en simple instrumento gramatical coa perda do seu contido significativo inicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Producir(se) unha gramaticalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exceso de potasio no sangue.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode saber o lugar onde está.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo creado pola LOXSE (1990) que ten a misión de realizar a avaliación xeral do sistema educativo. Debe ademais elaborar os sistemas de avaliación adecuados aos diferentes niveis e tipos de ensino, sistemas de avaliación de centros, estudios e investigacións sobre a avaliación e calidade e, en xeral, asesoramento ás administracións educativas, nacional e autonómica, sobre a mellora cualitativa das institucións e do sistema no seu conxunto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás consoantes que se sitúan entre vocais veciñas, pertencentes ou non á mesma palabra. Así, por exemplo, está en contexto intervocálico o [g] de figa [‘figa].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei Orgánica 10/2002, de 24 de decembro, que supón, sobre todo, un cambio da filosofía educativa con respecto á LOXSE. Sen publicar un Libro Branco, aprobouse unha norma que desbota os piares básicos da Reforma LODE/LOXSE: a escola participativa e o modelo comprensivo. A LOCE implantou un dobre sistema de segregación do alumnado: polo currículo e por centros. Aínda que nun principio podería pensarse que a principal forma de segregación reside na determinación de itinerarios diferenciados a partir do 2º ciclo da ESO ou na creación dos Programas de Iniciación Profesional (PIP), o certo é que se produciu fundamentalmente debido ao novo sistema de avaliación e promoción. Recuperouse a repetición de curso, os exames extraordinarios de setembro ou xullo e a reválida. Por outra banda a lei estendeu o réxime de concertos á escola infantil e o ensino da relixión católica volveu recuperar valor académico. A LOCE arremeteu contra o modelo de escola participativa e incrementouse o poder dos directores...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso polo que un grupo sintagmático se converte en elemento lingüístico equivalente a unha soa palabra, segundo a terminoloxía de Charles Bally.

    2. Proceso de transformación dunha interxección ou onomatopea nunha palabra susceptible de funcionar gramaticalmente. Por exemplo, os titacs do reloxo.

    3. Integración dunha metáfora individual no sistema xeral da lingua. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compilación anónima de biografías de papas, desde san Pedro ata Martiño V (1431), que está redactada en etapas sucesivas. A forma máis antiga data de comezos do s VI e o conxunto vai precedido dunha carta apócrifa do Papa Dámaso a san Xerome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de emisoras de televión agrupadas ao redor da Promotora de Emisiones de Televisión SA (PRETESA) e integradas no Grupo PRISA. Constituída en 1999, conforman o grupo máis de 60 emisoras locais en todo o Estado español.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entidade urbana sen xurisdición propia formada, en xeral, por un número relativamente escaso de habitantes.

      1. Cada un dos asentos ou lugares destinados ao público nun local de espectáculos.

      2. Billete que dá dereito a ocupar unha localidade.

    2. Lugar concreto onde foi atopada ou onde se atopa unha determinada planta. A localidade clásica é aquela de onde procede o exemplar que serviu para describir unha especie nova.

    3. Propiedade dos seres ou dos corpos naturais de ocupar un lugar no espacio. Oponse a ubicuidade.

    4. Localidade que dá nome a un estrato tipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de local.

    2. Apego ou cariño a un lugar, vila ou rexión e aos seus costumes.

    3. Particularidade lingüística propia dunha localidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao localismo.

    2. Que ou quen tende ou cultiva o localismo.

    VER O DETALLE DO TERMO