localidade

localidade

(

  1. s f [XEOG]

    Entidade urbana sen xurisdición propia formada, en xeral, por un número relativamente escaso de habitantes.

  2. s f
    1. Cada un dos asentos ou lugares destinados ao público nun local de espectáculos.

    2. Billete que dá dereito a ocupar unha localidade.

      Ex: Conseguín dúas localidades para o concerto de mañá.

      Sinónimos: entrada.
  3. s f [BOT]

    Lugar concreto onde foi atopada ou onde se atopa unha determinada planta. A localidade clásica é aquela de onde procede o exemplar que serviu para describir unha especie nova.

  4. s f [FILOS]

    Propiedade dos seres ou dos corpos naturais de ocupar un lugar no espacio. Oponse a ubicuidade.

  5. localidade tipo [ESTRATIG]

    Localidade que dá nome a un estrato tipo.

Palabras veciñas

Locaio/Locaia | local | Localia TV | localidade | localismo | localista | localizable