entrada

entrada

(< entrar)

  1. s f

    Acción e efecto de entrar.

  2. s f Antónimos: saída.
    1. Espacio ou acceso polo que se entra a un lugar.

      Ex: Espérannos na entrada do museo. Construirán un centro comercial na entrada da vila. Vive nunha aldea que hai na entrada do val.

      Antónimos: saída.
    2. Parte ou cuarto da casa que está máis próxima á porta principal.

      Ex: Fixen un armario na entrada.

  3. s f

    Billete que dá dereito a asistir a un espectáculo, museo ou a unha actividade cultural.

  4. s f

    Conxunto de persoas que asisten a un espectáculo.

  5. s f

    Comezo dun período de tempo.

    Ex: Pagareiche na entrada do mes que vén. Xa está aquí a entrada da primavera.

  6. s f

    Ángulos entrantes e carentes de pelo, que se forman aos lados da cabeza e por riba da fronte.

  7. s f

    Prato lixeiro que se come antes dos pratos principais dunha comida.

    Sinónimos: entrante, entremés. Confrontacións: aperitivo.
  8. s f
    1. Posibilidade ou dereito a entrar.

      Ex: Celebraron unha festa de entrada libre. Nese local teñen reservado o dereito de entrada.

    2. Aceptación que alguén ten nun lugar.

      Ex: Tivo moi boa entrada entre os irmáns dela.

  9. s f

    Oportunidade que alguén lle dá a outra persoa.

    Ex: O bo que ten é que sempre lle deu entrada á xente nova.

  10. s f
    1. Cantidade de diñeiro que entra nunha caixa.

    2. Produto que se recolle da venda dos billetes dun espectáculo ou dunha actividade cultural.

    3. [ECON]

      Anotación no debe dunha conta que reflicte un aumento no activo da empresa.

  11. s f [ECON]

    Cantidade primeira que se entrega nunha compra a prazos.

  12. s f [DER]

    Pacto agregado á enfiteuse polo que o enfiteuta entrega diñeiro a quen lle cede a finca no momento da entrega. Esta entrada depende do valor que teña a finca.

  13. s f [DEP]
    1. Intercepción dun xogador a outro para quitarlle o balón, como no fútbol ou noutros deportes de oposición.

    2. Penetración dun xogador por medio da defensa do equipo contrario cara á meta que defende este.

    3. Running que se produce no béisbol.

    4. Quenda de cada xogador no billar.

  14. s f [MÚS]
    1. Danza coa que os personaxes comezaban os espectáculos musicais na Idade Media.

    2. Preludio ou fragmentos musicais que introducen obras musicais, ballets, óperas e oratorios.

    3. Peza musical para órgano sen desenvolvemento.

    4. Peza rítmica breve utilizada a partir do s XV para introducir unha suite instrumental.

    5. Xesto do director dunha orquestra ou dun conxunto vogal para indicar aos intérpretes o momento no que deben comezar a súa intervención.

  15. s f [ESPECT]

    Termo teatral que fai referencia á aparición do personaxe en escena. Ata principios do s XX, a entrada do actor a escena era saudada con aplausos, se se trataba dun intérprete coñecido, mentres que a finais do mesmo século as entradas e saídas dos personaxes non sempre tiñan unha dimensión física, senón que a súa incoporación á acción ou a súa separación da mesma se podían marcar coa luz ou con tránsitos dos actores e das actrices entre o espazo dramático e as zonas escuras ou neutras.

  16. [LING]
    1. s f

      Elemento lingüístico destacado ao comezo de cada artigo dun dicionario, ou doutra obra organizada como se fose un dicionario (glosario, vocabulario, índice, etc), que é obxecto de definición ou explicación e, eventualmente, de tratamento enciclopédico.

    2. entrada de homógrafos

      Entrada dunha palabra que coa mesma grafía e pronuncia ten dous ou máis significados e que adoita definirse en artigos diferentes ao ter distinta etimoloxía ou función gramatical. Polo xeral, as respectivas entradas distínguense con algún signo, como pode ser a numeración con cifras arábigas.

    3. entrada sintagmática

      Entrada constituída por máis dun termo. Por exemplo, arco da vella e chuvia ácida.

  17. s f [FÍS]

    Circuíto por onde se introduce un sinal nun aparato electrónico.

  18. s f [INFORM]
    1. Periférico utilizado para introducir información nun ordenador.

    2. Introdución de datos nunha máquina ou nunha parte dela.

    3. Conxunto de datos ou sinais que se introducen nun ordenador.

  19. s f [ARQUIT/CONSTR]

    Extremo dun madeiro ou parte dun perpiaño metido nun muro ou sentado sobre unha soleira.

    Confrontacións: entrega.
  20. s f [XOGO]
    1. Acción que consiste, nalgúns xogos de naipes, en ensinar a persoa que xoga contra os demais o pau co que xoga.

    2. Conxunto de cartas que un xogador garda nalgúns xogos de naipes.

  21. s f [BIBLIOT]

    Encabezamento que permite localizar unha información bibliográfica nun arquivo ou ficheiro.

  22. dobre entrada [MAT]

    Método de elaboración de táboas estatísticas no que os datos se ordenan por fileiras e por columnas, representativas de dúas variables diferentes. Cada termo representa a conexión das características que están expresadas horizontal e verticalmente, xeralmente explicitadas en dous subíndices representativos que acompañan cada termo da táboa.

Frases feitas

  • De entrada. De antemán.

Palabras veciñas

entoxar | entozoo | entrabar | entrada | entrallada | entrallar | entrallo